Mariano Pérez Retamar
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Retamar | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mariano Pérez Retamar | ||
Nacemento | 19 de agosto de 1919 | ||
Lugar de nacemento | Sevilla | ||
Falecemento | 17 de outubro de 1997 | ||
Posición | Dianteiros | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Real Betis | |||
Real Murcia | |||
Sevilla FC | |||
Racing de Santander | |||
1945-1949 | Celta de Vigo | 98 | (36) |
RCD Mallorca | |||
Recreativo de Huelva | |||
Levante UD | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Mariano Pérez Retamar, nado en Sevilla o 19 de agosto de 1919 e finado o 17 de outubro de 1997, foi un futbolista andaluz que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fichou polo Celta de Vigo en xullo de 1945 procedente do Racing de Santander e despois de xogar noutros equipos de Primeira División. Debutou en competición oficial no primeiro encontro o 23 de setembro, nunha tempada na que foi o terceiro xogador máis utilizado, anotando 9 tantos pese a xogar como extremo.
Nas catro tempadas que militou no Celta formou parte do equipo que na tempada 1947/48 logrou o cuarto posto no campionato ligueiro e o subcampionato da Copa do Rei. O equipo loitou pola Liga ata as últimas xornadas, conseguindo importantes vitorias como 1-4 contra o Real Madrid.
Xogou o seu último encontro co Celta o 21 de abril de 1949 nos oitavos de final da Copa do Rei ante o RCD Espanyol. Despois fichou polo RCD Mallorca, máis tarde xogaría no Recreativo de Huelva e no Levante.