Mariñana
Mariñana | |
---|---|
País | España |
Lugar | Sada |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1925 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mariñana foi unha revista aparecida en Sada entre 1925 e 1926.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu en xaneiro de 1925. Constaba de 16 páxinas. O director e propietario era Eduardo García Ramos; Manuel Lorenzo Freire-Calvelo foi o redactor-xefe e o fotógrafo Francisco Varela Pose encargouse da parte gráfica. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Lugrís Freire, Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo e Máximo Navarro. Cesou logo de publicar 26 números, cun número extraordinario editado en febreiro de 1926.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Mariñana". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Mariñana". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Colección completa da revista Mariñana prazadapescaderia.blogspot.com
- Pérez Lorenzo, Manuel (12/11/2013). "Manuel L. Freire-Calvelo: O xornalismo ao servizo de Sada"