Marc Guiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarc Guiu
Nome orixinal(ca) Marc Guiu Paz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (18 anos)
Granollers, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,87 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo38 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2023- FC Barcelona B 1
2023- Futbol Club Barcelona 2(1) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm15340163 UEFA: 250176455 Editar o valor em Wikidata

Marc Guiu Paz, nado en Granollers o 4 de xaneiro de 2006, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Granollers, comezou a xogar ao fútbol na Penya Barcelonista Sant Celoni, unha peña do FC Barcelona.[1] Na tempada 2013/14 ingresou na canteira do propio Barcelona e tras ir subindo polas diferentes categorías inferiores, foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo en xuño de 2023, antes dos partidos de pretemporada contra o Celta de Vigo e o Vissel Kobe.[2] Realizou o seu debut non oficial co Barcelona neste último partido, substituíndo tralo descanso a Robert Lewandowski.[3][4]

O 22 de outubro debutou na Primeira División, saltando á herba do Camp Nou nos minutos finais dun partido ante o Athletic Club, e só 23 segundos despois marcou o gol da vitoria co seu segundo toque ao balón.[5][6][7] Con 17 anos e 291 días, converteuse no debutante máis novo e máis rápido en marcar co Barcelona en liga.[8][9]

Tres días despois debutou tamén na Liga de Campións, na vitoria por 2-1 contra o Shakhtar Donetsk.[10] Marcou o seu primeiro gol na competición europea e o segundo da tempada o 13 de decembro, nunha derrota por 3-2 ante o Royal Antwerp.[11][12]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas seleccións sub-17 e sub-19 de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Who is Barca's Marc Guiu? A goalscorer in the shadows" (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  2. "Xavi ya mira hacia el futuro: se lleva cuatro juveniles a Vigo" (en castelán). 3 de xuño de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  3. "The debutants against Vissel Kobe - one by one" (en inglés). 6 de xuño de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  4. "Marc Guiu, el ‘9’ que más gusta a Deco" (en inglés). 23 de outubro de /2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  5. "FC Barcelona 1-0 Athletic Club: Dream debut seals three points" (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  6. "Marc Guiu: Barcelona’s 17-year-old match-winner transforms his world in 23 seconds". The New York Times (en eb). 23 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  7. "Barcelona teens like Marc Guiu have no fear in faces - Xavi" (en inglés). 23 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  8. "Marc Guiu scored the winner 33 seconds into his senior debut to give Barcelona a 1-0 home win over Athletic Bilbao." (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2024. 
  9. "Marc Guiu: Veni, vidi, vici" (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  10. "Marc Guiu, man of the moment" (en inglés). 30 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  11. "Héctor Fort makes first team debut" (en inglés). 13 de decembro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  12. "Marc Guiu mete presión a Lewandowski" (en castelán). 16 de decembro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.