María Vilas Liñares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1984 (39 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputada de España | |
29 de agosto de 2019 – ← Marta Rivera de la Cruz Lexislatura: XIII lexislatura de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
Lingua | Lingua castelá |
María Vilas Liñares, nada en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1984, é unha traballadora social no concello de Rois e política galega de Ciudadanos, deputada no Congreso dos Deputados, en 2019, durante dous meses.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomouse en traballo social pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante de Ciudadanos, pertence ao comité autonómico galego e ao consello xeral estatal; asemade é voceira da formación na provincia da Coruña e dende 2016[2] coordinadora da agrupación local compostelá. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidata á alcaldía da súa cidade natal. Foi número dous da súa formación para o Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de abril de 2019 pola circunscrición da Coruña. Logo da renuncia da número un, Marta Rivera de la Cruz, que entrou no goberno da Comunidade de Madrid, María Vilas tomou posesión como deputada o 29 de agosto de 2019.[3] Nas eleccións xerais de novembro do mesmo ano repetiu candidatura, desta volta como cabeza de lista, mais non obtivo escano.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Martín Reboredo, Marcos (7/12/2019). "Diputadas exprés. María Vilas y Beatriz Pino no se imaginaban un paso tan fugaz por la política nacional tras formar parte del Congreso solo durante 2 y 6 meses, respectivamente". Faro de Vigo (edición en papel) (en castelán): 19.
- ↑ "María Vilas Liñares nova coordinadora da agrupación de C’s en Compostela, Ciudadanos Galicia, 22 de febreiro de 2016
- ↑ "A lucense María Vilas toma posesión no Congreso en lugar de Marta Rivera". El Progreso, 29 de agosto de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Vilas Liñares |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1984
- Nados en Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados do Congreso dos Deputados por Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña