Manuel Rodríguez Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 (109/110 anos) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Coxo de Cabral Manolo de Cabral |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
- Non confundir con: Juan Manuel Rodríguez Fernández
Manuel Rodríguez Fernández, coñecido como Coxo de Cabral ou Manolo de Cabral, nado 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi chamado a filas e desertou e estivo fuxido. Membro do grupo de José García Morales e o seu irmán. Fuxido con Delmiro Barreiro Cubeiro e Guillermo Santos Caride, en 1939 presentáronse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos,[1] pero fuxiron novamente ao saber que ían ser detidos. En xullo de 1940 foi procesado por atraco e roubo con Amador García Coco e Guillermo Santos Caride.[2] Nese ano presentouse novamente ante a Garda Civil e vendeu aos seus antigos compañeiros, caendo pola súa delación Julio Guillén Biel e Jesús Lago González. Pronto foi liberado
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 118. ISBN 84-8485-231-8.