Manuel Cassola
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1837 Hellín, España |
Morte | 10 de maio de 1890 (52 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Ministro da Guerra | |
8 de marzo de 1887 – 14 de xuño de 1888 ← Ignacio María del Castillo y Gil de la Torre (en) – Tomás O'Ryan (pt) → | |
Deputado das Cortes | |
13 de abril de 1886 – 10 de maio de 1890 Circunscrición electoral: Cartagena | |
Deputado das Cortes | |
11 de outubro de 1881 – 31 de marzo de 1884 Circunscrición electoral: Cartagena | |
Deputado das Cortes | |
10 de xuño de 1879 – 25 de xuño de 1881 Circunscrición electoral: Cartagena | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Academia de Infantería de Toledo |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente xeneral |
Manuel Cassola Fernández, nado en Hellín, Albacete, o 26 de agosto de 1837 e finado en Madrid, o 10 de maio de 1890, foi un militar e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formación e primeiros anos[editar | editar a fonte]
Fillo de Alberto Cassola, un italiano afincado en Hellín e dedicado á docencia. Con quince anos, ingresou na Academia de Infantería de Toledo, onde se licenciou como segundo tenente en 1856.[1]
Carreira militar[editar | editar a fonte]
Entre 1862 e 1871 loitou na intervención aliada en México e na Guerra da Restauración en Santo Domingo. Casou un ano despois con María del Carmen Arce y Gutiérrez. Loitou na Terceira guerra carlista, ascendendo a coronel en 1873, a brigadier en 1874, e foi nomeado Capitán Xeral de Granada en 1875. En 1876, foi destinado a Cuba para loitar contra os separatistas, o que lle valeu o ascenso a tenente xeral.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Entre 1879 e 1886, foi deputado por Cartaxena e, posteriormente, senador por Canarias (entre 1885-1886) e por Santa Clara, Cuba (en 1886).[2] Adscrito aos liberais, entre marzo de 1887 e xuño de 1888 foi nomeado Ministro da Guerra. Malia que Sagasta esperaba que non houbese maiores problemas por querer executar reformas,[3] o 22 de abril de 1887, presentou un ambicioso proxecto de reformas do Exército.
Reformas[editar | editar a fonte]
Estas incluían que, a partir, dos 20 anos, tódolos homes terían que realizar un servizo militar de 12 anos no país, ou 8 nas colonias; pretendeu acabar co inxusto sistema de redención do servizo militar, que subiu até 2 000 pesetas e só para aceptado para o servizo nas colonias.[4] Tamén quixo reformar o sistema de ascensos[5] de tal xeito que, en épocas de paz, tódolos ascensos chegarían até o grao de coronel exclusivamente por antigüidade e, en épocas de guerra, só por méritos de guerra. A partir de coronel, remataría a carreira militar e só se ascendería por elección.[4] Pretendeu crear un corpo de Estado Maior moderno en cada unha das pólas do Exército.[4] Finalmente, prevía a eliminación dos dobres ascensos e a creación dunha Caixa de Préstamo Militar para acabar coa precariedade de moitos oficiais.
O programa provocou moitas queixas, algunhas expresadas dende os xornais que representaban a opinión militar como El Ejército Español e, finalmente, fracasou por considerarse socialmente radical, aínda que foi a semente das reformas levadas a cabo, xa no século seguinte, por José Canalejas e Manuel Azaña.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Requena Gallego, Manuel (2018). "Manuel Cassola Fernández". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2023.
- ↑ "CASSOLA Y FERNÁNDEZ, MANUEL". senado.es (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2023.
- ↑ Payne (1968), p. 49
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Payne (1968), p. 50
- ↑ Núñez Florencio (1990), pp. 65-66
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Núñez Florencio, Rafael (1990). Militarismo y antimilitarismo en España (1888-1906) (en castelán). Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07058-5.
- Payne, Stanley G. (1968). Los militares y la política en la España contemporánea (en castelán). Ruedo Ibérico.
Predecesor: Ignacio María del Castillo |
Ministerio de Guerra 8 de marzo de 1887 - 14 de xuño de 1888 |
Sucesor: Tomás O'Ryan |