Live at Easy Street é un EP en directo da banda de rock alternativo estadounidense Pearl Jam que inclúe temas gravados nunha actuación por sorpresa na serie Easy Street Records en West Seattle o día 19 de abril do 2005. O EP sería lanzado o 20 de xuño do 2006 polo selo J Records.