Litra
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4a/SyracuseAgathocle.jpg/220px-SyracuseAgathocle.jpg)
A litra (do grego antigo: λίτρα) foi unha moeda da Antiga Grecia e, paralelamente, unha unidade de medida de masa para a prata e o ouro, que se utilizou nas colonias gregas e, fundamentalmente, en Sicilia.[1][2][3][4][5]
Historia[editar | editar a fonte]
Inicialmente, o peso dunha litra equivalía á terceira parte da libra romana (arredor de 109,15 gramos). Do mesmo xeito que sucedía en Roma coa libra (como unidade de masa) e co ás (como unidade monetaria), a litra dividíase en 12 onzas ou onkia (uncia, no caso de Roma). As fraccións desta unidade eran: hexas (1/6 de litra ou dúas onkia), tetras (1/4 ou tres onkia), trias (1/3 ou catro onkia), pentonkion (cinco onkia) e hemilitron (1/2 litra ou seis onkia).[6][7]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/81/Himera_%C3%86_Hemilitron_ca._420_2470009.jpg/160px-Himera_%C3%86_Hemilitron_ca._420_2470009.jpg)
A litra corría nas colonias sicilianas de Grecia con anterioridade á dominación romana, cun valor igual á quinta parte do dracma. Nos períodos arcaico e clásico, a litra cuñouse en prata cun peso de 0,85 gramos, parcticamente igual ao do óbolo, que tiña unha proporción de 1:6 co dracma.[8]
Despois do dominio dos tiranos gregos da dinastía Dinoménida (485-465 a. de C) en Siracusa, a litra cuñouse en bronce cun peso de 16 g. Tratábase dunha emisión cun valor teórico moi elevado en relación ao seu peso, tendo en conta a relación naquela época entre o valor do bronce e o da prata. Posteriormente, Dionisio I (405-367 a. de C.), para sufragar os gastos militares, dobrou por decreto o valor das moedas circulantes naquel momento.[9][10]
Durante o longo período de goberno de Dioniosio, emitiuse unha nova litra de bronce máis pequena, cun peso de só 8 gramos, que reproduce no anverso a cabeza de Atenea, á maneira da moeda de Corinto, e no reversoa imaxe do hipocampo.[11] A esa mesma serie pertence un dracma de 40 gramos coa cabeza de Atenea e, na parte posterior, unha estrela rodeada de golfiños.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Syd_0023a.jpg/220px-Syd_0023a.jpg)
Ao longo do século III a. de C., Roma emitiu litras e dobres litras de prata, así como hemilitras de bronce, dentro das series de emisións coñecidas como romano-campanienses, en civersas cidades do sur de Italia e de Sicilia, seguindo o estilo e o sistema metrolóxico grego.[12][13]
No século III d. de C., o texto dos Evanxeos apócrifos coñecido como Feitos de Tomé, Xesús vende a Tomé a un comerciante xudeu "por tres litras de prata sen selar".[14]
No mundo xudeu antigo, no Talmud fálase da litra como unha unidade de peso equivalente a 60 shekels (arredor de 354 gramos).[15]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Litra". En Forum Ancient Coins.
- ↑ Mateu y Llopis, F. (1946). "Litra".
- ↑ Amandry, M. (2001). "Litra".
- ↑ Melville Jones, J. R. (1986). "Litra".
- ↑ Carradice, I.; Price, M. (1988). "Litra".
- ↑ Stumpf, Gerd. "Litra". En Brill's New Pauly.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Hexas", "tetras", "trias", "pentonkion", "hemilitra" e "onkia".
- ↑ Smith, William. (1890). "Litra". Páxina 594.
- ↑ Harl, Kenneth W. (1996). Páxina 62.
- ↑ "Litra". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
- ↑ Descrición e fotografía de alta resolución. En Coin archives.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Litra".
- ↑ Melville Jones, J. R. (1990). "Litra".
- ↑ "The Acts of Thomas". En M. R. James (ed:). The Apocryphal New Testament. Clarendon Press, 1924.
- ↑ Ettinger, Yair. "'Torah Archaeology' Sheds Light on Ancient Talmudic Dispute". En Haaretz. 9 de setembro de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Litra ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry. Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. 2001. ISBN 978-2035050762
- Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
- Harl, Kenneth W. Roman Economy. 300 B.C. to A.D. 700. Glossary. The Johns Hopkins University Press. Baltimore/Londres, 1996. ISBN 0-8018-5291-9
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813
- Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990. ISBN 978-1852640262
- Smith, William (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Ed. John Murray. Londres, 1890.