Licia Verde
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1971 (52 anos) Venecia, Italia |
Membro do consello directivo arXiv | |
valor descoñecido – | |
Datos persoais | |
Residencia | Barcelona |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Edimburgo Universidade de Padua |
Tese académica | ??, bias and primordial non-Gaussianity : cosmology with future data sets (en) (2001 ) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cosmoloxía |
Ocupación | física , astrónoma |
Empregador | Catalan Institution for Research and Advanced Studies (en) , profesora (2007–) Universidade de Pensilvania, profesora (2003–2007) Universidade de Princeton (2002–2003) Universidade Rutgers (pt) , investigadora posdoutoral (2001–2002) Universidade de Princeton, investigadora posdoutoral (2000–2001) Universidade de Oslo Universidade de Barcelona |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Páxina web | icc.ub.edu… |
Licia Verde, nada en Venecia en 1971, é unha cosmóloga e física teórica italiana, profesora ICREA de Física e Astronomía na Universidade de Barcelona.[1][2] Os seus intereses de investigación inclúen a estrutura a grande escala do universo, a enerxía escura, a inflación e a radiación de fondo cósmico de microondas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1996 graduouse na Universidade de Padua e realizou o doutoramento na Universidade de Edimburgo. Fixo unha estancia posdoutoral na Universidade de Princeton e empezou a traballar na facultade da Universidade de Pensilvania en 2003. En setembro do 2007, Verde converteuse en profesora ICREA na ICCUB da Universidade de Barcelona. Foi profesora na Universidade de Oslo durante o período do 2013 ao 2016.[3] Foi editora de Physics of the Dark Universe Journal e agora é editora do Journal of Cosmology and Astroparticle Physics.[4]
É unha autora moi citada e prolífica, coñecida sobre todo polo seu traballo na estrutura a grande escala, a análise de datos WMAP e o desenvolvemento de ferramentas estatísticas para analizar sondaxes do Universo.[5][6]
Apareceu na película Las Leyes de la termodinámica.[7]
Foi galardoada coa medalla Narciso Monturiol[8] e o premio Nacional de Investigación.[9] En 2018 recibiu o premio Breakthrough en Física Fundamental como parte do equipo WMAP.[10] En 2021 foi galardoada co Premio Jaume I en Investigación Básica.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Exposició Científiques Catalanes 2.0". Associació Catalana de Comunicació Científica (en catalán). Consultado o 2020-05-17.
- ↑ "La científica que ilumina la oscuridad". La Vanguardia (en castelán). 2019-01-20. Consultado o 2020-05-17.
- ↑ "ITA University of Oslo". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ "Physics of the Dark Universe Journal".
- ↑ "Google Scholar Citations".
- ↑ "Publications listed at arXiv.gov".
- ↑ "Las Leyes de la Termodinámica".
- ↑ "19 personalitats i una institució rebran la Medalla i la Placa Narcís Monturiol". Govern.cat (en inglés). Consultado o 2021-01-28.
- ↑ 324cat (27 de decembro de 2018). "La cosmòloga italiana Licia Verde, de la UB, Premi Nacional de Recerca 2018" (en català). Consultado o 30 de decembro de 2018.
- ↑ "Licia Verde comparte el premio Breakthrough en Física Fundamental como parte del equipo WMAP | Sociedad española de astronomía". Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ "GANADORES 2021 fprj". www.fprj.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-21.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Licia Verde |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina persoal
- Currículo na Web do ICREA Arquivado 09 de xuño de 2021 en Wayback Machine.