Lei de Snell
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2011) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2011.) |
A lei de Snell é unha sinxela fórmula de grande axuda para o cálculo do ángulo de refracción que a luz, ou calquera onda electromagnética, sofre ao atravesar a superficie entre dous medios que a propaguen con diferentes índices de refracción (n).
O seu nome provén do seu descubridor, o matemático neerlandés Willebrord Snel van Royen (1580-1626). A denominación coma "Snell" débese ao seu apelido, mais cun "l" engadido polo seu nome, Willebrord.
Definición[editar | editar a fonte]
Snell afirma que o produto do índice de refracción do primeiro material polo seno do ángulo de incidencia é constante para calquera raio de luz incidindo sobre a superficie separatriz de dous medios. Aínda que a lei de Snell foi formulada para explicar os fenómenos de refracción da luz pódese aplicar a todo tipo de ondas que atravesan unha superficie de separación entre dous medios nos que a velocidade de propagación da onda varíe.
Se se consideran dous medios caracterizados por índices de refracción e separados por unha superficie S, os raios de luz que atravesen os dous medios refractaranse na superficie, variando a súa dirección de propagación en función do cociente entre os índices de refracción e .
Para un raio luminoso cun ángulo de incidencia sobre o primeiro medio, ángulo entre a normal á superficie e a dirección de propagación do raio, teremos que o raio se propaga no segundo medio cun ángulo de refracción , cuxo valor se obtén por medio da lei de Snell.
A simetría da lei de Snell fai que as traxectorias dos raios de luz sexan reversíbeis. É dicir, se un raio incidente sobre a superficie de separación cun ángulo de incidencia se refracta sobre o medio cun ángulo de refracción , entón un raio incidente na dirección oposta desde o segundo medio cun ángulo de incidencia se refracta sobre o medio 1 cun ángulo .