Leónidas I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeónidas I

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Λεωνίδας Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAntes de 520 a. C. Editar o valor em Wikidata
Esparta, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 480 a. C. Editar o valor em Wikidata
Termópilas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte en combate, morto en combate Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEsparta
Tomb of Leonidas in Sparta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Reis de Esparta
491 a. C. – 480 a. C.
← Cleómenes IPlistarco (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEsparta Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Esparta Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla das Termópilas Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaÁgida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGorgo
FillosPlistarco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAnaxandridas II Editar o valor em Wikidata
IrmánsCleómenes I, Cleômbroto (pt) Traducir e Dorieu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Leónidas I (en grego Λεωνίδας), nado no 521 a. C. en Esparta e finado o 19 de agosto de 480 a. C. en Termópilas, foi o 17º rei axíada de Esparta. Morreu durante a Segunda Guerra Médica, na heroica batalla das Termópilas, bloqueando o avance do exército persa de Xerxes I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leónidas en Termópilas, por Jacques-Louis David (1814).

Foi un dos fillos do rei axíada Anaxandridas II de Esparta. Sucedeu no trono, probablemente en 489 o 488 a. C., ó seu medio irmán Cleómenes I, e casou con Gorgo, a filla deste. Ó ter dous irmáns máis vellos, Cleómenes e Dorieo, non se esperaba que puidese chegar a reinar, pero Cleómenes faleceu sen descendencia masculina e Dorieo morreu, probablemente pouco antes que Cleómenes, en Sicilia loitando contra os cartaxineses.

En 480 a. C., os éforos de Esparta enviaron a Leónidas á fronte de 300 hoplitas e 4.000 soldados aliados para bloquear ó exército persa de Xerxes I no paso das Termópilas.

Os 300 hoplitas constituían a garda real, a razón dun centenar por cada unha das tres tribos en que estaban divididos os espartanos. Este corpo estaba formado por cidadáns de Esparta que contasen con algún descendente masculino, a fin de que, no caso de falecer en combate, non se extinguise a súa familia. Cómpre sinalar que, se ben sempre se suxeriu que foron 300 espartanos os que defenderon o paso das Termópilas, contra aproximadamente 1 000 000 de efectivos persas, as investigacións modernas demostran que en realidade eran 6.000 gregos contra 250.000 persas, unha forza impensable para a loxística da época. En canto á cantidade de gregos, eran 300 espartanos, cada un deles acompañado por 2 ilotas (dous dos seus servos persoais), e ademais estaban presentes homes de tódalas colonias espartanas, como Tespia.

Segundo unha historia contemporánea, Leónidas ía acompañado unicamente por unha forza pequena porque se dirixía deliberadamente á súa perdición, xa que un oráculo vaticinara que tódolos estados gregos, incluíndo Esparta, só poderían ser salvados coa morte dun dos seus reis, ó que Leónidas respondería: "Eu son ese rei". Porén, parece máis probable que Leónidas non puidese dispor de máis homes debido á celebración das festas Carneas.[Cómpre referencia]

Varias anécdotas demostran a súa valentía e o carácter lacónico atribuído ós espartanos. No primeiro día do sitio, cando Xerxes esixiu a entrega das armas ós gregos, Leónidas contestou Molon Labe ("Veñan a por elas"). Ó terceiro día o rei dixo ós seus homes que almorzarían ben, pois "Esta noite cearemos no Hades". Os homes de Leónidas repeleron os ataques frontais dos persas os dous primeiros días, pero cando o grego Efialtes conduciu a Hidarnes, xeneral persa, por un camiño entre as montañas cara a retagarda dos gregos, Leónidas dividiu ó seu exército e permaneceu no paso con 300 espartanos, 700 tespios e 400 tebanos, que foron mandados ós seus fogares para contar a heroica historia destes guerreiros espartanos. Foi tal o ímpeto co que os espartanos loitaron que Xerxes decidiu abatelos desde lonxe cos seus arqueiros para non seguir perdendo homes. Leónidas foi alcanzado por unha frecha e os últimos espartanos morreron intentando recuperar o seu corpo para que este non caese en mans inimigas.

A batalla durou cinco días e os persas conseguiron derrotar ós temidos espartanos, pero estes xa atrasaran notablemente o avance de Xerxes, o que permitiu a evacuación de Atenas e a reorganización das tropas e as forzas navais, decimando a moral dos persas e provocando un bo número de baixas.

Esparta enterrouno con todas as honras, incluíndo unha exhibición de dor non habitual entre os espartanos. No lugar da súa morte alzouse un monumento cun león xunto cunha inscrición escrita polo poeta Simónides:

Ὦ ξεῖν’, ἀγγέλλειν Λακεδαιμονίοις ὅτι τῇδε κείμεθα, τοῖς κείνων ῥήμασι πειθόμενοι

O, estranxeiro, informa a Esparta que aquí xacemos, aínda obedientes ás súas ordes

Predecesor:
Cleómenes I
Rei de Esparta
~489 a. C. - 480 a. C.
Sucesor:
Plistarco

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]