Laura Suárez Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1994 (29/30 anos) Dumbría, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Páxina web | laurasuarez.org |
Laura Suárez Fernández, nada en Dumbría en 1994, é unha ilustradora e autora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia, especializándose en ilustración. Despois formouse no mestrado de Ilustración e Cómic da Escola Elisava, en Barcelona. Actualmente traballa coma autora e ilustradora editorial.
Obras[editar | editar a fonte]
- Los cuentos de la niebla. (2019) Editorial Dibbuks. Madrid.
- Una bona amiga. (2019) Editorial Baula, del grupo Edelvives. Barcelona.
- Conexión macarrón. (2019) Con texto de Ledicia Costas. Xerais. Vigo.
- Tales of the mist. (2020) Europe Comics.
- Cuentos españoles de hoy y siempre. (2021) Con texto de Magela Ronda. B de Blok, del grupo Penguin Random House. Barcelona.
- Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta. (2021) Galaxia. Vigo.