La bicicleta
A bicicleta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La bicicleta |
Director | Sigfrid Monleón |
Guión | Sigfrid Monleón Martín Román |
Intérpretes | Bárbara Lennie Javier Pereira Pilar Bardem Sancho Gracia Juan José Otegui Alberto Ferreiro Cristóbal Suárez Rosana Pastor Carlos Bardem Rodolfo Sancho |
Estrea | 2006 |
Duración | 102 min. |
Orixe | España |
Na rede | |
La bicicleta é unha película española de 2006, dirixida por Sigfrid Monleón.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Son as historias de varios personaxes dun mesmo lugar que empregan a bicicleta como medio de transporte. Estes personaxes son unha rapaza que se gaña a vida como mensaxeira, unha muller maior casada que reencontra ao pai de seu fillo, un cativo que traballa para un camelo e un bolseiro que se vai ir a Londres a estudar.
Comentarios[editar | editar a fonte]
La bicicleta é un filme de corte naturalista con vocación ecoloxista (reivindicando o uso da bicicleta como alternativa aos automóbiles), existindo tamén en paralelo outros temas como o amor, o paso do tempo e as frustración vitais.
Foi con rodada con pouco orzamento e proxectouse no Festival de Málaga, sendo candidata á Espiga de Ouro neste certame no 2006.