La Marina del Prat Vermell é un dos barrios que forman o distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. O nome provén dos campos que ocupaban este sector baixo de La Marina de Sants. Este barrio é un barrio de nova planta que se está a desenvolver entre o outro sector de La Marina de Sants, La Marina de Port e a zona industrial da Zona Franca.
O novo barrio terá uns 30.000 habitantes e ocupará unhas 80 hectáreas de terreos que actualmente son industriais. A accesibilidade ao barrio quedará garantida cando acaben as obra da liña 9 do metro de Barcelona.
No paseo da Zona Franca, e dentro do barrio, hai un Centro de Formación da Seat e o edificio Districte 38 acabado en 2011, obra do arquitecto Arata Isozaki.[1]
Centro de Formación da Seat, no paseo da Zona Franca.