Kokkeibon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Páxina de Otsuriki (1810), de Jippensha Ikku.

O kokkeibon (xaponés: 滑稽本, lit. "libro cómico") foi un xénero literario e un tipo de novela do Xapón premoderno. Destaca pola súa representación dos comportamentos cómicos da xente común.

Historia[editar | editar a fonte]

O kokkeibon descende dun xénero anterior, o dangibon.[1] Apareceu no século XIX, durante o remate do período Edo (1603-1868). A súa primeira obra representativa é Tōkaidōchū Hizakurige 東海道中膝栗毛 ("Viaxes entre Toquio e Quioto", 1802-1822), de Jippensha Ikku (1765-1831).

O xénero alcanzou o seu auxe entre 1804 e 1830. Os seus autores máis destacados son Jippensha Ikku e mais Shikitei Sanba (1776-1822).[2] Deste último, destaca Ukiyoburo 浮世風呂 ("Os baños do mundo flotante", 1809-1813).

Características[editar | editar a fonte]

O kokkeibon adoita representar o humor propio da xente común, mediante diálogos entre as personaxes. Os libros inclúen ilustracións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. 1984, p. 635-636.
  2. Tanahashi 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]