Juanma Delgado
Juanma | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Manuel Delgado Moreno | ||
Nacemento | 13 de xaneiro de 1977 (47 anos) | ||
Lugar de nacemento | Huelva | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1996 | Ayamonte | 30 | (3) |
1996–1999 | Recreativo | 76 | (0) |
1999–2000 | Atlético B | 32 | (2) |
2000 | Salamanca | 18 | (0) |
2001–2005 | Racing de Santander | 108 | (3) |
2005–2007 | Deportivo da Coruña | 30 | (4) |
2007–2008 | Tenerife | 31 | (0) |
2009 | Cádiz | 17 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Manuel Delgado Moreno, nado en Huelva o 3 de xaneiro de 1977, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa central.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu primeiro equipo foi o Ayamonte CF, de categoría rexional, no que estivo na tempada 1995–96. Como profesional iniciouse no Recreativo de Huelva, club no que estivo entre 1996 e 1999. Na tempada 1999–00 firmou co Atlético de Madrid B, no que xogou unha campaña e posteriormente no UD Salamanca.
En xaneiro de 2001 firmou co Racing de Santander, o equipo do seu debut en Primeira División, club no que estivo até 2005, ano do seu traspaso ao Deportivo da Coruña, no que xogou dúas tempadas. Entre 2005 e 2007 xogou no CD Tenerife, en Segunda División.
En 2009 incorporouse ao Cádiz CF, equipo no que cando debutou conseguiu o seu primeiro gol, ante o Granada 74.