Juan Francisco Fontán Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1823 Pontevedra, España |
Morte | 4 de maio de 1914 (90 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Francisco Fontán Rodríguez, nado en Pontevedra o 5 de setembro de 1823 e finado en Madrid o 4 de maio de 1914[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi elixido deputado polo distrito de Huete (Cuenca) en 1864 e en 1865 foi elixido polo distrito de Vigo. Na Restauración foi elixido deputado por Cambados nas eleccións de 1876 e reelixido en 1879, 1884 e 1891.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Foi cabaleiro Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica e comendador da Real e distinguida Orde de Carlos III.
Unha rúa en Vilagarcía de Arousa leva o seu nome.