Juan Araujo Pino
Araujo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Araujo Pino | ||
Nacemento | 24 de novembro de 1920 | ||
Lugar de nacemento | La Carolina | ||
Falecemento | 4 de novembro de 2002 | ||
Lugar de falecemento | Sevilla | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1945 | Sevilla Aficionado | ||
1943–1945 | → Xerez (cedido) | 50 | (43) |
1945–1956 | Sevilla | 207 | (139) |
1956–1957 | Córdoba | 28 | (28) |
1957–1958 | Xerez | 24 | (16) |
Total | 309 | (226) | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Araujo Pino, nado en La Carolina (Xaén) o 24 de novembro de 1920 e finado en Sevilla o 4 de novembro de 2002, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira no equipo afeccionado do Sevilla, saíndo cedido en 1943 ao Xerez. Militou dúas tempadas no club xerezano, proclamándose as dúas veces máximo goleador da Segunda División, con 21 e 22 goles respectivamente.[1]
De volta no Sevilla debutou na Primeira División na primeira xornada da tempada 1945/46 contra o Hércules no estadio Bardín, e marcou o seu primeiro gol na seguinte xornada, fronte ao Celta de Vigo no estadio de Nervión. Marcou 11 goles esa tempada, e o último deles, na derradeira xornada contra o FC Barcelona, deulle ao club sevillano o primeiro e único título de liga da súa historia. A continuación marcou aínda tres goles máis na Copa do Xeneralísimo, dous deles na histórica goleada por 8-0 contra o Barcelona e outro no 6-3 contra o Atlético Aviación.[2]
Na súa segunda tempada co Sevilla marcou 21 goles en liga, sendo só superado por Zarra e Pruden, e na seguinte proclamouse campión da Copa. Militou once tempadas seguidas no club sevillista, sendo na maioría delas o máximo goleador do equipo. Disputou 242 partidos oficiais, nos que logrou 159 goles, o que sitúa no terceiro lugar da táboa de máximos goleadores da historia do club, só por detrás de Campanal I e de Arza.[3]
Na tempada 1956/57 xogou co Cördoba en Segunda, sendo o máximo goleador do Grupo II con 28 goles, superado na categoría só polos históricos 45 goles do dianteiro do Sporting de Gijón Ricardo. Pechou a súa carreira xogando no Xerez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alba, Ernesto (4 de xuño de 2018). "El otro pichichi xerecista" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
- ↑ "El Sevilla y la última vez que al Barcelona le marcaron ocho goles" (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 28 de decembro de 2021.
- ↑ Soria, Adrián (10 de abril de 2017). "Los diez máximos goleadores del Sevilla FC" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).