José María Laso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1926 Bilbao, España |
Morte | 21 de decembro de 2009 (83 anos) Oviedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
José María Laso Prieto, nado en Bilbao o 8 de decembro de 1926 e finado en Oviedo o 21 de decembro de 2009,[1] foi un filósofo e militante comunista español que formou parte tanto do Comité Central como do Comité Federal do Partido Comunista de España (PCE).
Como consecuencia da súa "participación na loita clandestina polo restablecemento da democracia en España" padecería diversas detencións policiais; a consecuencia da última das cales permanecería recluído como preso político entre os anos 1958 e 1963.
De entre as súas contribucións á filosofía española, cabe destacar, por unha banda, a súa achega á difusión e defensa en España da obra do filósofo marxista italiano Antonio Gramsci, de cuxa introdución nela foi pioneiro ó publicar o primeiro libro sobre o filósofo sardo editado na mesma; así como, por outra, da doutrina filosófico-xurídica do Uso Alternativo do Dereito (Iusalternativismo).[2]
Referencia[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falece o histórico militante comunista José María Laso". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2016.
- ↑ Introducción al pensamiento de Gramsci. Ayuso.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Laso Prieto, José María (2002). De Bilbao a Oviedo pasando por el penal de Burgos. Pentalfa Ediciones. ISBN 84-7848-512-0.
- Javier Batalla, Pilar de Castro (coord.) (1998). Homenaje a José María Laso. Tribuna Ciudadana.
- José María Laso Prieto (decembro de 2004). Laso Prieto, José María. "Un acto académico en Oviedo".