José García Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 Ribadeo, España |
Morte | 23 de febreiro de 1935 (45/46 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Pepín García García, Bebel García García, France García García |
José García Iglesias, nado en Ribadeo en 1889 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1935, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tiña representacións de viños de Xerez e sidras de Asturias. Foi fundador da Agrupación Socialista de Ribadeo. Dirixiu o periódico Tribuna Popular. Foi denunciado por José García Reinante, párroco de Vilaselán, polo artigo "Moralidad católica" asinado por O Torto da Portela, aparecido en Tribuna Popular o 2 de xullo de 1914.[1][2] Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro, 125 pesetas de multa e as costas o 20 de febreiro de 1916.[3] Instalouse na Coruña onde continuou cos seus negocios e montou unha pequena fabrica de lixivia. Foi secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1931, á que representou no Congreso Extraordinario do PSOE dese ano. En setembro de 1932 foi elixido presidente do Comité Executivo da Agrupación Socialista da Coruña.[4] Foi director de Acción Socialista en 1933. Foi denunciado por inxurias á autoridade en outubro de 1933.[5] Pertenceu á La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento da que foi vogal. Finou na Coruña por osteosarcoma frontal con 46 anos.[6]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Concepción García Álvarez e foi pai de Pepín, Bebel, Jaurés, France, Voltaire, Concepción, Bélgica e Berthelot García García.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Martín (4-8-2019). "El ribadense Bebel, futbolista del Dépor fusilado, y la trágica vida de Los de la Lejía". La Voz de Galicia, A Mariña: 6. Consultado o 6 de agosto de 2020.