Joaquín Yarza Luaces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Yarza Luaces

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 2016 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte e Arte da Idade Media Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , medievalista , escritor , profesor universitario , historiador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Madrid
Universidade de Barcelona
Universidade Autónoma de Madrid
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiQuincho Yarza Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 197134


Joaquín Yarza Luaces, nado en Ferrol o 16 de agosto de 1936 e finado en Barcelona o 6 de marzo de 2016, foi un historiador da arte galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do futbolista e mariño Joaquín Yarza Ormazábal e de Carmen Luaces Grandal, naceu en Ferrol en 1936.[1] Tras formarse na Universidade Complutense de Madrid, converteuse en profesor da Universidade de Barcelona e despois catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, onde desenvolveu unha longa labor como docente. Medievalista eminente, dedicouse ao estudo da miniatura medieval e renacentista. Estudoso de Gil de Siloé, foi un dos teóricos da personalidade do escultor Alejo de Vahía.

Dirixiu o catálogo de escultura e pintura medieval do Museu Frederic Marès de Barcelona (1991). Entre os seus traballos destaca o estudo feito en 1996 do Libro de horas da raíña María de Navarra, obra do pintor catalán Ferrer Bassa, o que o levou a dubidar por comparación estilística sobre a autoría dos murais do Mosteiro de Pedralbes, documentados como dese autor e considerados como a súa obra magna. Tamén estudou os retablos gótics de Manresa, editando un libro destinado ao público culto pero non necesariamente especializado.

Foi comisario de diversas exposicións, así como membro da xunta de cualificación, valoración e exportación de bens do Patrimonio Histórico Español do Ministerio de Cultura de España, e é encargado da xunta homónima da Generalitat de Cataluña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Arte y arquitectura en España 500-1250 (1979).
  • Retaules gòtics de la Seu de Manresa (1993).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notas demográficas". El Pueblo Gallego (en castelán) (4056). 21 de agosto de 1936. p. 7. Consultado o 19 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]