Joaquín Míguez Barcia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra, España |
Morte | 27 de febreiro de 1916 Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Joaquín Míguez Barcia, nado en Pontevedra e finado en Ourense o 27 de febreiro de 1916,[1] foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Escola Industrial de Vigo. Emigrou a Buenos Aires en 1898. Despois residiu en Barcelona, militou no Partido Radical, participou na Semana Tráxica e estivo preso.[2] Retornado a Pontevedra, foi correspondente en Pontevedra de Noticiero de Vigo e director de La Tierra (1913). Tamén foi correspondente de Vida Gallega en Pontevedra. En setembro de 1913 marchou a Vigo para ocupar o posto de redactor xefe de Noticiero de Vigo.[3] En 1914 aprobou as oposicións de Facenda e foi desinado a Palencia[4]. En decembro de 1914 pasou a Administración de Facenda de Ourense,[5] onde morreu.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vigo con Gloria Pontanari Rodríguez en 1914.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Tea, 3-3-1916, p. 3.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 3-7-1912, p. 2.
- ↑ Progreso, 22-9-1913, p. 3.
- ↑ Noticiero de Vigo, 13-6-1914, p. 1.
- ↑ Noticiero de Vigo, 1-12-1914, p. 1.
- ↑ La Voz de la Verdad, 30-7-1914, p. 4.