Joachim Gauck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoachim Gauck

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Rostock (Alemaña nazi) Editar o valor em Wikidata
11º Presidente de Alemaña
18 de marzo de 2012 – 18 de marzo de 2017
← Christian WulffFrank-Walter Steinmeier →
Membro do Bundestag
3 de outubro de 1990 – 4 de outubro de 1990
Lexislatura: 11th German Bundestag (en) Traducir

Federal Commissioner for the Stasi Records (en) Traducir
3 de outubro de 1990 – 10 de outubro de 2000 – Marianne Birthler →
Member of the Volkskammer (en) Traducir
18 de marzo de 1990 – 2 de outubro de 1990 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
República Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Rostock (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bonn Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , xornalista , escritor de non ficción , pastor , Anticomunista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlliance 90 (en) Traducir (1990–1990)
New Forum (en) Traducir (1989–1990) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGerhild Gauck (1959–1991)
ParellaDaniela Schadt (2000–)
Helga Hirsch (pt) Traducir (1990–1998) Editar o valor em Wikidata
PaisWilhelm Joachim Gauck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Olga Gauck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2458206 Musicbrainz: cf238b38-151e-4e27-a202-27c8a2795be6 Discogs: 4541842 WikiTree: Gauck-14 Editar o valor em Wikidata

Joachim Gauck, nado o 24 de xaneiro de 1940 en Rostock, no actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, daquela pertencente á Alemaña nazi, é un ex-pastor luterano é actual Presidente da República Federal de Alemaña. Sendo cidadán da entón República Democrática Alemá (RDA) tivo un papel activo no proceso da reunificación alemá. Joachim Gauck foi unha figura central en protestas pacíficas que levaron á caída do muro de Berlín en 1990. Desde entón ten sido político independente e publicista, tendo un papel de relevancia como xestor do arquivo deixado pola Stasi.

En 2010 foi candidato a Presidente de Alemaña, perdendo por poucos votos fronte ao candidato da CDU Christian Wulff. Dous días despois da renuncia deste último, ao ser investigado por corrupción e tráfico de influencias, o 19 de febreiro de 2012, foi escollido como candidato común para á presidencia de Alemaña, exceptuando o partido Die Linke, que a peseres de ter cadeira no Bundestag non foi convidado a participar deste consenso. O 18 de marzo de 2012 foi elixido pola Asemblea Federal (Bundesversammlung) obtendo case o 80% dos votos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 24 de xaneiro de 1940 Joachim Gauck nace en Rostock, actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, ao norte da daquela Alemaña nazi, fillo dun mariñeiro. En1951 o seu pai foi preso e deportado a Siberia, aínda que posteriormente, en 1955, foi perdoado volvendo cara a Rostock. Tres anos despois comezaría os seus estudos de teoloxía na Universidade de Rostock, rematándoos en 1965.

Dende ese ano comezou actividade na Igrexa Evanxélica Luterana de Mecklemburgo. Primeiro traballou como capelán e, despois da súa ordenación, foi pastor en Güstrow a partir de 1970, sendo posteriormente colocado na área de desenvolvemento parroquial do barrio Evershagen en Rostock. En 1982 foi nomeado o responsable máximo da Igrexa en Mecklemburgo, cargo que ostentaría até 1990.

En 1989 foi cofundador do movemento de protesta pacífico da Igreja en Mecklemburgo. Gauck realiza cultos semanais, seguidos por grandes manifestacións na súa cidade natal. Foi tamén sendo membro e presidente do Neues Forum de Rostock, unha das novas formacións políticas xurdidas na RDA. En 1990 pasou ser Deputado da Volkskammer, o parlamento da RDA que decidiu dissolver este estado.

Xestor do arquivo da Stasi[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Stasi.

Gauck dirixiu a Comisión Federal para os arquivos da Stasi,[1] creada para controlar a disolución da antiga Stasi a partir do 3 de outubro de 1990. Esta Comisión, que pasou a ser chamada de Gauck Behörde, administra o legado da Stasi e tórnao accesible a tódolos interesados. Tras dous mandatos, foi substituído en outubro de 2000 por Marianne Birthler. Gauck ten sido repetidamente homenaxeado polas súas realizacións e publicacións.

Carreira política[editar | editar a fonte]

O nomeamento de Joachim Gauck e a súa candidatura para o cargo de Presidente de Alemaña en 2010 tivo un grande apoio xeral dos medios en Alemaña. Con todo, foi derrotado en tres roldas polo candidato do partido dos gobernantes (CDU), Christian Wulff. Despois da renuncia de Christian Wulff o 17 de febreiro de 2012, por causa da súa relación cun caso de corrupción, o goberno alemán de coalición propuxoo candidato, xunto coa oposición, para o seu nomeamento como presidente.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Disolución da Stasi Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Deutsches Rundfunkarchiv (de)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]