Javier Arias Fouz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Lugo, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade San Pablo CEU |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado , funcionario |
Empregador | Xunta de Galicia |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ramón Arias Roca |
Javier Arias Fouz, nado en Lugo en 1977,[1] é un político do Partido Popular de Galicia. Deputado no Parlamento de Galicia desde 2024.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo de Ramón Arias Roca, quen fora concelleiro de urbanismo co alcalde Joaquín García Díez. Licenciouse en Dereito na Universidade San Pablo CEU e ten un mestrado en Urbanismo e Ordenación do Territorio e en Dereito Ambiental e un Diploma de Estudos Avanzados en Doutoramento en Dereito Administrativo.[2]
Carreira política[editar | editar a fonte]
De 2010 a 2015, exerceu como avogado e foi letrado-asesor xurídico e medioambiental de SUPLUSA (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo), onde traballaba seu pai.[2][3] En 2015, converteuse en funcionario da Deputación de Lugo.
En 2017, foi nomeado xefe territorial da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, onde permaneceu até 2020, cando foi nomeado por Alberto Núñez Feijóo, Delegado territorial da Xunta na provincia de Lugo.[2][3] O 15 de xaneiro de 2024,[4] renunciou ao cargo para se presentar como número dous nas listas do PP de Lugo ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Varela, Suso (17 de xaneiro de 2024). "Javier Arias (PP): «Os políticos debemos estar fóra do despacho»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Varela, Suso (21 de setembro de 2020). "Javier Arias Fouz, nuevo delegado de la Xunta en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 "Javier Arias Fouz, nuevo delegado de la Xunta en Lugo en lugar de Balseiro". COPE (en castelán). 17 de setembro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ "DECRETO 6/2024, do 15 de xaneiro, polo que se dispón que cese Javier Arias Fouz como delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo". Diario Oficial de Galicia (Xunta de Galicia). 16 de xaneiro de 2024. Consultado o 28 de febreiro de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Javier Arias Fouz |