Iugoslavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIugoslavia

HimnoHej, Sloveni Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°49′14″N 20°27′44″L / 44.820555555556, 20.462222222222Coordenadas: 44°49′14″N 20°27′44″L / 44.820555555556, 20.462222222222
CapitalBelgrado (–1992) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación23.271.000 (1991) Editar o valor em Wikidata (90,97 hab./km²)
Lingua oficialLingua serbocroata Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie255.804 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado pormar Adriático Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Triglav (2.864 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución27 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porestados post-Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía (1918–1945)
república (1945–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interpol
ONU (1945–1992) Editar o valor em Wikidata
Moedadinar iugoslavo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.yu Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+38 Editar o valor em Wikidata
Código de paísYU Editar o valor em Wikidata

Iugoslavia (en serbocroata: Југославија ou Jugoslavija; lit. 'Terra dos Eslavos do Sur') foi un estado situado no sueste de Europa, que existiu dende 1918 ata 1992.

Fundouse en 1918, após a Primeira Guerra Mundial, baixo o nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, a partir do Reino de Serbia e do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios. Constituíu a primeira unión de pobos eslavos do sur nun estado soberano, despois de séculos de dominio estranxeiro na rexión baixo o Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro. O reino obtivo recoñecemento internacional o 13 de xullo de 1922 na Conferencia dos Embaixadores, en París.[1] O 3 de outubro de 1929, trocou o nome a Reino de Iugoslavia.

Foi invadido polas Potencias do Eixe o 6 de abril de 1941. En 1943, proclamouse a República Democrática Federal de Iugoslavia pola resistencia partisana. O rei, Pedro II, que por ese entón moraba no exilio, recoñeceuna coma goberno lexítimo. Após o triunfo dos partisanos, na liberación de Iugoslavia en 1945, o novo goberno abole a monarquía e o país é renomeado coma República Federal Popular de Iugoslavia. Engadíronse ao seu territorio as rexións de Istria, Rijeka e Zadar, previamente ocupadas por Italia no período de entreguerras. O líder partisano Josip Broz Tito gobernou o país dende 1944 coma Primeiro Ministro e, máis tarde, coma presidente, ata o seu finamento en 1980. En 1963, o estado foi renomeado por derradeira vez coma República Federal Socialista de Iugoslavia.

As seis repúblicas constituíntes que formaron a República Federal Socialista de Iugoslavia foron as repúblicas socialistas de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia. Esta última posuía dúas provincias autónomas socialistas, Kosovo e Voivodina, que despois de 1974 estiveron case ao par cos outros membros da federación. Tras unha gran crise económica e política na década dos '80 e do xurdimento do nacionalismo e conflitos étnicos, Iugoslavia desintegrouse ao longo das fronteiras das súas repúblicas, primeiro en cinco países, o que conduciu ás Guerras Iugoslavas. Dende 1993 ata 2017, o Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia xulgou a líderes políticos e militares de Iugoslavia por crimes de guerra, xenocidio e outros crimes perpetrados durante ditas guerras.

Trala disolución, as repúblicas de Montenegro e Serbia formaron un estado federativo reducido, a chamada República Federal de Iugoslavia, coñecida posteriormente coma Serbia e Montenegro. Este estado aspiraba ao estatuto de único sucesor legal da RFSI, mais esas afirmacións foron opostas polas antigas repúblicas. Finalmente, aceptou a posición do Comité de Arbitraxe Badinter sobre a sucesión compartida e no 2003 o seu nome foi cambiado a Serbia e Montenegro. Este estado disolveuse cando Montenegro e Serbia se converteron en estados independentes no 2006, con Kosovo tendo aínda unha disputa en curso sobre a súa Declaración de Independencia en 2008.

Notas[editar | editar a fonte]