Iowa é o segundo álbum de estudio de Slipknot, publicado por Roadrunner Records o 28 de agosto de 2001 e producido por Ross Robinson. O título do álbum deriva do estado de orixe do grupo, Iowa. Foi certificado coma disco de platino nos Estados Unidos e o Canadá, e reeditouse unha edición especial o 1 de novembro do 2011 coincidindo có décimo aniversario da súa publicación orixinal.