Incendio do Reichstag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°31′07″N 13°22′34″L / 52.518611111111, 13.376111111111

Incendio do Reichstag.

O incendio do Reichstag iniciouse na noite do 27 de febreiro de 1933 no Reichstag, a sede do parlamento alemán en Berlín. É un feito fundamental no estabelecemento da Alemaña nazi. O goberno alemán acusou aos comunistas do KPD de estar detrás deste feito e finalmente condenou e executou a Marinus van der Lubbe, un comunista neerlandés de 24 anos, que en 2008 foi postumamente declarado inocente de tal delito pola xustiza alemá.[1][2] Na actualidade existe unha posición maioritaria que inculpa aos nazis e a Adolf Hitler de tal feito.[3][4][5]

O feito[editar | editar a fonte]

O incendio empezou sobre as nove e cuarto da noite, e sobre esa hora, unha estación de bombeiros de Berlín recibiu a alarma de que o Reichstag estaba a arder. O fogo iniciouse en varios lugares, e no momento en que chegaban a policía e os bombeiros, a cámara de deputados ardía a rabiar. A policía atopou a Marinus van der Lubbe, medio espido, agochándose ao lado do edificio. Van der Lubbe era un excomunista neerlandés e albanel desempregado, que estivera pululando por Europa nos últimos dous anos.

Adolf Hitler e Hermann Göring, líderes do partido nazi chegaron pouco despois ao lugar, e cando viron a Van der Lubbe, comezaron e declarar aos comunistas culpábeis do incendio, escusa coa que detiveron aos mandos do partido comunista na cidade de Berlín.

Posteriormente Hitler declarou o estado de emerxencia e fixo que o presidente, o vello Paul von Hindenburg, asinara o Decreto do Incendio do Reichstag, abolindo a maioría das disposicións de dereitos humanos da constitución de 1919 da República de Weimar.

Os líderes nazis tiñan preparada a demostración de que o incendio do Reichstag fora organizado pola Comitern, e nos primeiros días de marzo de 1933, foros arrestados os cidadáns búlgaros Georgi Dimitrov, Vasil Tanev e Blagoi Popov, tres nomes que xogares roles fundamentais durante o xuízo de Leipzig, coñecido tamén como o "xuízo do incendio do Reichstag". Dimitrov era o presidente do Comité Executivo da Internacional Comunista. Nun longo xuízo el mesmo demostrou a súa inocencia e o carácter político do incendio, empregado polas autoridades nazis para desprestixiar ao movemento comunista alemán e internacional.

Hitler xurara como chanceler e xefe da coalición de goberno o 30 de xaneiro de 1933. O seu primeiro acto foi pedirlle ao Presidente Hindenburg que disolvera o Reichstag, de maneira que puideran aumentar o número de escanos nazis que posuían tanto no parlamento como no goberno. A petición de Hitler foi aceptada e fixáronse as eleccións para o 5 de marzo do 1933. O obxectivo de Hitler foi abolir a democracia dun xeito máis ou menos legal ao activar a Lei Habilitante. A Lei Habilitante foi un poder especial permitido pola Constitución de Weimar para darlle ao chanceler o poder de pasar leis a decretos, se a intervención do Reichstag. Supoñíase que a Acta Permisiva era usada só en tempos de extrema emerxencia, e de feito, só fora usada unha vez antes, en 1923-1924, cando o goberno empregou a Lei para rescatar a Alemaña da hiper-inflación. Para activar a Lei Habilitante requiríase unha votación dunha maioría dos dous terzos no Reichstag. En xaneiro de 1933, os nazis non tiñan o 32% dos escanos, polo que non podían empregar a Lei Habilitante.

Notas[editar | editar a fonte]

DIMITROV, Georgi: El incendio del Reichstag. Editorial Grijalbo, Colección 70. México, D. F.

Referencias na rede[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]