Hugo Lloris
Hugo Lloris (AFI: [yɡo joʁis]), nado en Niza (Alpes Marítimos, Provenza) o 26 de decembro de 1986, é un futbolista internacional francés que xoga como gardameta para o Tottenham Hotspur da Premier League inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En Francia[editar | editar a fonte]
Nado na cidade francesa de Niza, no departamento Alpes Marítimos, Hugo Lloris comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o OGC Niza. O 18 de marzo de 2006 debutou co primeiro equipo contra o Stade Rennais, partido que finalizou con vitoria para o seu equipo por 1-0. Ese mesmo ano xogou outros tres xogos e chegou á final da Copa da Liga, aínda que o trofeo finalmente foi gañado polo AS Nancy. Ao ano seguinte conseguiu a titularidade na portaría. En 2008 Lloris asina polo Olympique Lyonnais, equipo que pagou 8,5 millóns de euros para facerse cos seus servizos.[1]
Tottenham Hotspur[editar | editar a fonte]
O último día antes do peche do mercado de traspasos da tempada 2012-13 ficha polo Tottenham Hotspur FC da Premier League, por volta duns 15 millóns de euros tras facer unha boa tempada na liga francesa.[2] Lloris debutou cos Spurs o 20 de setembro de 2012 xogando os 90 minutos e mantendo a súa portaría a cera no que era o primeiro partido do club na UEFA Europa League ante a SS Lazio en White Hart Lane. O francés debutou como titular na Premier League o 7 de outubro de 2012 na vitoria 2-0 sobre o Aston Villa.
Títulos[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa | Olympique Lyonnais | Francia | 2012 |
Supercopa | Olympique Lyonnais | Francia | 2012 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sky Sports, ed. (29 de maio de 2008). "Lloris explains Lyon choice" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ ESPN, ed. (31 de agosto de 2012). "Dempsey and Lloris join Spurs" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil no sitio web oficial do Tottenham
- Perfil no sitio web oficial da Ligue 1 Arquivado 18 de decembro de 2016 en Wayback Machine. (en francés)
- Perfil no sitio web oficial da FIFA Arquivado 25 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1986
- Nados en Niza
- Gardametas de fútbol
- Futbolistas de Francia
- Xogadores do OGC Nice
- Xogadores do Olympique de Lión
- Xogadores do Tottenham Hotspur FC
- Xogadores da selección de fútbol de Francia
- Franceses de ascendencia catalá
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores do Mundial
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022