How to Use Sexy é o cuarto álbum da cantante xaponesa de J-Pop, pertencente o Hello! Project, Maki Goto, lanzado no Xapón o 19 de setembro do ano 2007 baixo o selo Piccolo Town e producido por Tsunku. Tivo dúas edicións: unha edición normal que incluía unicamente un CD e outra limitada que ademais de CD incluía un DVD. Alcanzou a sexta posición nas listas de Oricon no seu primeiro día a venda, alcanzando unhas vendas finais de 14.996 unidades.