Gran Premio de Mónaco de 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Mónaco de 2024
Detalles da carreira[1]
Carreira 8 de 24 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 26 de maio de 2024
Nome oficial Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024
Localización Circuíto de Mónaco
La Condamine e Monte Carlo, Mónaco
Percorrido Percorrido permanente de carreira
3,337 km
Distancia 78 voltas, 260,286 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Charles Leclerc Ferrari
Tempo 1:10.270
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:14.165 na volta 63
Podio
Primeiro Charles Leclerc Ferrari
Segundo Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes
Terceiro España Carlos Sainz Ferrari

O Gran Premio de Mónaco de 2024 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 26 de maio de 2024 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O evento celebrouse durante a fin de semana do 24 ao 26 de maio no Circuíto de Mónaco no Principado de Mónaco por 70ª vez na historia do circuíto.[2] O Gran Premio foi a oitava proba de o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 81ª edición do Gran Premio de Mónaco.[3]

Clasificación do campionato antes da carreira[editar | editar a fonte]

De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 161 puntos, 48 puntos por diante de Charles Leclerc segundo e 54 por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 267 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, segundo e terceiro con 212 e 154 puntos, respectivamente.[4]

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[5]

Pneus dispoñibles para Mónaco
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros (Tipo C3)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios (Tipo C4)
Représentation des pneus tendres
Brandos (Tipo C5)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Práctica[editar | editar a fonte]

Celbráronse tres sesións de adestramentos libres para o evento.[1] A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 24 de maio de 2024, ás 13:30 hora local. (UTC+2),[1] e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Oscar Piastri de McLaren e o compañeiro de equipo de Hamilton, George Russell. Sacouse unha breve bandeira vermella despois de que Guanyu Zhou de Sauber esparexese restos pola curva 1 logo de bater co muro.[6] A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local,[1] e encabezouna Charles Leclerc da Ferrari por diante de Hamilton de Mercedes e Fernando Alonso do Aston Martin.[7] Celebrouse a terceira sesión de adestramentos libres o 25 de maio de 2024, ás 12:30 hora local, liderouna Leclerc por diante de Max Verstappen de Red Bull Racing e Hamilton.[1]

Cualificación[editar | editar a fonte]

A cualificación celebrouse o 25 de maio de 2024, ás 16:00 hora local (UTC+2).[1]

Clasificación da cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 16 Charles Leclerc Ferrari 1:11.584 1:10.825 1:10.270 1
2 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:11.500 1:10.756 1:10.424 2
3 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:11.543 1:11.075 1:10.518 3
4 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:11.760 1:10.732 1:10.542 4
5 63 George Russell Mercedes 1:11.492 1:10.929 1:10.543 5
6 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:11.711 1:10.745 1:10.567 6
7 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:11.528 1:11.056 1:10.621 7
8 22 Yuki Tsunoda RB-Honda RBPT 1:11.852 1:11.106 1:10.858 8
9 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:11.623 1:11.216 1:10.948 9
10 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:11.714 1:10.896 1:11.311 10
11 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:11.887 1:11.285 11
12 3 Australia Daniel Ricciardo RB-Honda RBPT 1:11.785 1:11.482 12
13 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:11.728 1:11.563 13
14 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:12.019 14
15 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 1:12.020 15
16 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 1:12.060 16
17 77 Finlandia Valtteri Bottas Kick Sauber-Ferrari 1:12.512 17
18 24 República Popular da China Guanyu Zhou Kick Sauber-Ferrari 1:13.028 18
DSC 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 1:11.876 1:11.440 19[8]
DSC 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:11.832 1:11.725 20[9]
107% tempo: 1:16.594
Fonte:[10][11]

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira celebrouse o 26 de maio de 2024, ás 15:00 hora local (UTC+2), e disputouso sobre 78 voltas.[1]

Informe da carreira[editar | editar a fonte]

Na primeira curva, Carlos Sainz tivo unha picada nunha roda e perdeu moitas posicións. O piloto español de Ferrari sufriu unha colisión cun dos McLaren e tivo que afastarse. Por detrás, no segundo sector, Sergio Pérez sufriu un grave accidente tras tocar co muro e levarse por diante a os dous Haas de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen, que saían desde o pit lane, os tres tivéronse que retirar. O choque provocou importantes danos nas barreiras e unha gran cantidade de restos espallados polas primeiras curvas poloque a carreira víu unha bandeira vermella, ademais, cando os Alpine saían de Portier, Esteban Ocon pechouse no camiño de Pierre Gasly, lanzando o coche do primeiro cara arriba. Ocon, que admitiu a responsabilidade do incidente, retirouse durante o período de bandeira vermella. A carreira reiniciouse as 15:45. A dirección de carreira considerou que as posicións para a saída serian as mesmas que na saída. Aínda que os coches pasaran polo primeiro sector, esa primeira volta accidentada considerarase "nula", en canto a posicións.

Leclerc mantivo o liderado tras o reinicio para gañar unha carreira en procesión por diante de Piastri, Sainz e Norris, a súa primeira vitoria dende o Gran Premio de Austria de 2022. Leclerc converteuse no primeiro piloto monegasco desde Louis Chiron en 1931 en gañar o seu Gran Premio de casa, e o primeiro en gañalo desde o comezo da Fórmula 1 en 1950.

Clasificación da carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 16 Charles Leclerc Ferrari 78 2:23:15.554 1 25
2 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 78 +7.152 2 18
3 55 España Carlos Sainz Ferrari 78 +7.585 3 15
4 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 78 +8.650 4 12
5 63 George Russell Mercedes 78 +13.309 5 10
6 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 78 +13.853 6 8
7 44 Lewis Hamilton Mercedes 78 +14.908 7 7[12]
8 22 Yuki Tsunoda RB-Honda RBPT 77 +1 volta 8 4
9 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 77 +1 volta 9 2
10 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 77 +1 volta 10 1
11 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 76 +2 voltas 14
12 3 Australia Daniel Ricciardo RB-Honda RBPT 76 +2 voltas 12
13 77 Finlandia Valtteri Bottas Kick Sauber-Ferrari 76 +2 voltas 17
14 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 76 +2 voltas 13
15 2 Logan Sargeant Williams-Mercedes 76 +2 voltas 15
16 24 República Popular da China Guanyu Zhou Kick Sauber-Ferrari 76 +2 voltas 18
Ret 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 0 Danos por colisión 11
Ret 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda RBPT 0 Collision 16
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Haas-Ferrari 0 Colisión 19
Ret 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 0 Colisión 20
Volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:14.165 (volta 63)
Fonte:[11][13][14][15]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "2024 Monaco Grand Prix". Formula 1. Consultado o 20 de maio de 2024. 
  2. "Mónaco". StatsF1.com. Consultado o 20 de maio de 2024. 
  3. "Monaco". StatsF1.com. Consultado o 20 de maio de 2024. 
  4. "Emilia-Romagna 2024 – Championship". Stats F1. 19 de maio de 2024. Consultado o 19 de maio de 2024. 
  5. "Same ”soft” trio for Imola, Monaco and Montreal". pirelli.com. 23 de abril de 2024. Consultado o 23 de abril de 2024. 
  6. "FP1: Hamilton leads Piastri and Russell during interrupted opening practice in Monaco". Formula 1. 24 de maio de 2024. Consultado o 24 de maio de 2024. 
  7. "FP2: Home hero Leclerc sets the pace during busy second practice in Monaco from Hamilton and Alonso". Formula 1. 24 de maio de 2024. Consultado o 24 de maio de 2024. 
  8. Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen clasificáronse inicialmente nos postos 12 e 15, respectivamente, pero posteriormente foron descualificados porque se comprobou que o seu DRS non cumpría coas normas técnicas. Permítelles correr a criterio dos comisarios.
  9. Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen clasificáronse inicialmente nos postos 12 e 15, respectivamente, pero posteriormente foron descualificados porque se comprobou que o seu DRS non cumpría coas normas técnicas. Permítelles correr a criterio dos comisarios.
  10. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Qualifying". Formula 1. 25 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024. 
  11. 11,0 11,1 "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Starting Grid". Formula 1. 25 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024. 
  12. Inclúe un punto pola volta rápida
  13. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Race Result". Formula 1. 26 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024. 
  14. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 26 de maio de 2024. Consultado o 26 de maio de 2024. 
  15. "Monaco 2024 – Result". Statsf1.com. Consultado o 26 de maio de 2024. 
  16. 16,0 16,1 "Monaco 2024 – Championship". Stats F1. 26 de maio de 2024. Consultado o 26 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2024
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 2024
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2023
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2025