Gonzalo Marzá Trilles
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1916 Vilafamés, España (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 6 de setembro de 1996 (80 anos) Pamplona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1936 - 1954 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Gonzalo Marzá Trilles, nado en Vilafamés (provincia de Castelló) o 10 de abril de 1916 e finado en Castelló de la Plana o 6 de setembro de 1996, foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar profesionalmente ao fútbol no CD Castellón, pero debutou en Primeira División co Real Madrid na tempada 1941/42.
O 28 de novembro de 1944 e tras tres tempadas en Madrid nas que disputou 59 encontros fichou polo Celta de Vigo, na Segunda División. Esa tempada, que rematou co ascenso, Marzá sería o porteiro titular pese a encaixar catro goles no seu debut. Porén xa comezada a seguinte tempada, a 1945/46, o levantino perde a titularidade en favor de Simón. Permanecería na suplencia toda a súa traxectoria no Celta, primeiro á sombra de Simón e despois coa chegada de Manuel Pazos. Debido á normativa, que por aquel entón non permitía as substitucións nunca disputou moitos encontros nos 10 anos que militou no Celta de Vigo.
A tempada 1947/48 foi unha das máis brillantes da historia do club, obtendo o subcampionato da Copa do Rei e rematando a Liga no cuarto posto, sendo coñecido o equipo coma os Diablo azuis.
En 1954 deixou o Celta e celebrouse para a ocasión un festival deportivo, que incluíu un partido de homenaxe do Celta contra o Xuvenil da Coruña, reforzado este último con Pahiño.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Resultó brillante el festival de homenaje a Marzá". El Pueblo Gallego (en castelán) (10089). 8 de xuño de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (15 de agosto de 2009). "Gonzalo Marzá". Yo jugué en el Celta (en castelán).