Glucano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa,[1] que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula.

Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.

Glucanos e glicanos[editar | editar a fonte]

Aínda que, tal como recomenda a Academia[2], para o nome dos glícidos en galego se utiliza normalmente a raíz glic (do grego glykys, doce), aínda que tamén está aceptada a raíz gluc, neste caso cómpre distinguir entre parellas como glucano e glicano, que se refiren a tipos de moléculas distintos, o que se fixo aquí seguindo os usos internacionais (por exemplo, inglés glucan = galego glucano, e inglés glycan = galego glicano).

Cómpre non confundilos, xa que os glicanos son polímeros de monosacáridos formados por calquera tipo de monosacárido unidos por enlace glicosídico, polo que o termo é sinónimo de polisacárido.[3] Glucano é un termo máis restritivo, xa que son un tipo de glicano, concretamente son glicanos que están formados especificamente por glicosa. Por tanto, os glucanos están incluídos dentro dos glicanos.

Tipos[editar | editar a fonte]

Poden dividirse en glucanos α e β, segundo a xeometría do seu enlace glicosídico.

Alfa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alfa-glucano.

Beta[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Beta-glucano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Glucans Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
  2. Dicionario da Real Academia Galega gluco- Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
  3. IUPAC Gold book Glycans