Frederico V do Palatinado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrederico V do Palatinado

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Friedrich V. von der Pfalz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1596 Editar o valor em Wikidata
Deinschwang (Eleitorado do Palatinato) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1632 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Maguncia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepeste Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Rei de Bohemia
4 de novembro de 1619 – 13 de novembro de 1620
← Matias, Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) TraducirFernando II de Habsburgo →
Count Palatine of the Rhine (en) Traducir
19 de setembro de 1610 – 1623
← Federico IV el JustoMaximiliano I, Eleitor da Baviera (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEleitorado do Palatinato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoState administration (en) Traducir, política e militar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Praga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónaristócrata , líder militar , político , Príncipe elector Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde palatino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIsabel da Boémia (1613–1632), morte da persoa
FillosHeinrich Friedrich von der Pfalz (pt) Traducir, Sofia de Hanôver (pt) Traducir, Henrieta Maria do Palatinado (pt) Traducir, Filipe Frederico do Palatinado (pt) Traducir, Gustavo Adolfo do Palatinado (pt) Traducir, Charlotte do Palatinado (pt) Traducir, Eduardo, Conde Palatino de Simmern (pt) Traducir, Maurício do Palatinado (pt) Traducir, Carlos I Luís, Eleitor Palatino (pt) Traducir, Countess Palatine Louise Hollandine (pt) Traducir, Isabel do Palatinado (pt) Traducir, Príncipe Rupert do Reno (pt) Traducir, Ludwig von der Pfalz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFederico IV el Justo Editar o valor em Wikidata  e Luísa Juliana de Orange-Nassau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLudwig Philipp (pt) Traducir, Isabel Carlota do Palatinado (pt) Traducir e Luísa Juliana do Palatinado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJorge Guilherme de Brandemburgo (pt) Traducir (cuñado)
Luísa Henriqueta de Orange-Nassau (pt) Traducir (curmá entregue)
Frederico Henrique de Orange-Nassau (tío)
Xurxo II de Gran Bretaña (bisneto)
Sofía Dorotea de Inglaterra (great-granddaughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Páxina webdeutsche-biographie.de… Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Palatinate-Simmern-2 Find a Grave: 12344851 Editar o valor em Wikidata

Frederico V,[1] nado o 16 de agosto de 1596 en Lauterhofen e finado en Maguncia o 29 de novembro de 1632,[2][3] foi Elector Palatino entre 1610 e 1623, así como rei de Bohemia durante un ano, polo que foi coñecido como Rei de Inverno (en checo Zimní král).[2]

Era fillo e herdeiro de Frederico IV e de Luísa Xiana de Orange-Nassau, a filla de Guillerme de Orange e Carlota de Borbón-Monpensier. Nacido no pavillón de caza Deinschwang no Alto Palatinado, Frederico V sucedeu á morte do seu pai como príncipe elector do Palatinado do Rin no Sacro Imperio Romano Xermánico en 1610, baixo a tutela do conde Xoán II des Deux-Ponts ata 1614.

Vida pública[editar | editar a fonte]

En 1619 os Estados protestantes de Bohemia se rebelaron contra o católico Emperador do Sacro Imperio Fernando II e ofreceron a coroa de Bohemia a Frederico, escolléndoo debido a que era un membro influente da Unión Protestante, unha organización fundada polo seu pai para protexer o protestantismo no Imperio.

En agosto de 1619, descontentos con Fernando II, o sucesor de Matías de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, os Estados de Bohemia, cunha maioría de protestantes mentres que Fernando era católico, depoñen a este e propoñen ceder o título a Frederico V.

Aínda que ao principio Frederico expresa reticencias, finalmente acepta a proposta. Esta acción será un dos factores que contribuirán ao desencadeamento da guerra dos Trinta Anos. É coroado en Praga, o 4 de novembro de 1619,e a súa esposa éo tres días máis tarde. Pouco despois, Fernando II inicia unha ofensiva para recuperar a coroa de Bohemia.

Os seus aliados na Unión Protestante non lle apoiaron militarmente ao asinar o Tratado de Ulm (1620), pero abandonado despois polas potencias estranxeiras e pola Unión Protestante, Frederico V, con poucos medios financeiros e humanos, non logra conter aos exércitos de Fernando e sofre unha derrota ante Tilly, na batalla da Montaña Branca o 8 de novembro de 1620, é dicir, un ano e catro meses logo do seu entronización. Por iso herdaría o alcume de «rei dun inverno» (Winterkönig en alemán).

As forzas imperiais de Maximiliano I de Baviera invadiron o Palatinado e tivo que fuxir a Holanda en 1622. Un edicto imperial privouno formalmente do Palatinado 1623. Viviu o resto da súa vida no exilio coa súa esposa e familia principalmente na Haia, antes de morrer en Maguncia en 1632.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Resultado: O 13 de febreiro de 1613, contraera matrimonio con Isabel Estuardo (1596-1622), coa que tivo 13 fillos:

  • Hrenrique Frederico (n. Heidelberg, 2.1.1614 - m. afogado, Haarlem Meer, 7.1.1629).
  • Carlos I Luís (n. Heidelberg, 1.1.1618 - m. Edingen, 28.8.1680), elector palatino (1648-1680) tras recuperar os estados do seu pai polo Tratado de Westfalia.
  • Isabel (n. Heidelberg, 26.12.1617 - m. Herford 11.2.1680), abadesa de Herford; soado pola correspondencia filosófica que sostivo con René Descartes.
  • Ruperto (n. Praga, 17.12.1619 - m. Londres, 29.11.1682), coñecido como o Príncipe Ruperto; foi creado polo seu tío o rei Carlos I de Inglaterra como duque de Cumberland e conde de Holderness (1644), sendo o encargado de dirixir a cabalería real durante a Guerra Civil.
  • Mauricio (n. Küstrin, 6.1.1621 - m. afogado, Antillas, 10.3.1654).
  • Luísa (n. A Haia, 17.4.1622 - m. Maubuisson, 11.2.1709), monxa, abadesa de Maubuisson, en Francia.
  • Luís (n. A Haia, 21.8.1623 - m. A Haia, 24.12.1624).
  • Eduardo (n. A Haia, 6.10.1624 - m. París, 13.3.1663), conde palatino de Simmern; convértese ao catolicismo romano.
  • Henriqueta María (n. A Haia, 17.7.1626 - m. Saróspatak, 18.9.1651), casada con Sexismundo Rákóczi, Príncipe húngaro de Transilvania.
  • Filipe (n. A Haia, 16.9.1627 - m. caído en batalla, Rethel, 16.12.1650).
  • Carlota (n. A Haia, 19.12.1628 - m. A Haia, 23.1.1631).
  • Sofía (n. A Haia, 14.10.1630 - m. Schloss Herrenhausen, 8.6.1714), declarada presunta herdeira das coroas de Inglaterra, Escocia e Irlanda en 1701; casada con Ernesto Augusto de Brunswick-Luneburgo, elector de Hannover.
  • Gustavo Adolfo (n. A Haia , 4.1.1632 - m. A Haia, 9.1.1641).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Parker, Geoffery. "Frederick V (elector Palatine of the Rhine)". Encyclopaedia Britannica. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 16 de agosto 2014. 
  3. Brown, Gregory. "Friedrich V.". Leibnitiana. The Houston Circle for the Study of Early Modern Philosophy. Consultado o 16 de agosto 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]