Francisco de Asís de Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco de Asís de Borbón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco de Asís María Fernando de Borbón Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1822 Editar o valor em Wikidata
Aranjuez, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1902 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Épinay-sur-Seine, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor em Wikidata
Consorte de España
10 de outubro de 1846 – 1868 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
ProfesoresFernando Ferrant y Llausás Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarCapitán Xeneral do Exército Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloInfante de España
Ducado de Cádiz
Rei consorte Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIsabel II de España (1846–1902)
FillosInfante Luis, Prince of Asturias (en) Traducir, Fernando Francisco de Bourbon (pt) Traducir, Isabel de Borbón y Borbón, Maria Cristina de Bourbon (1854) (pt) Traducir, Infanta Margarita of Spain (en) Traducir, Infante Francisco de Asís, Prince of Asturias (en) Traducir, Afonso XII de España, Maria da Conceição de Bourbon (pt) Traducir, Maria de Pilar, Infanta de Espanha (pt) Traducir, Maria da Paz, Infanta de Espanha (pt) Traducir, Eulália (pt) Traducir, Infante Francisco de Asís of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrancisco de Paula de Borbón Editar o valor em Wikidata  e Luísa Carlota de Bourbon-Duas Sicilias (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHenrique de Bourbon (pt) Traducir, Josefina de Bourbon (pt) Traducir, Luísa Teresa de Bourbon (pt) Traducir, Maria Cristina de Bourbon (pt) Traducir, Isabel Fernanda de Bourbon (pt) Traducir, Amália de Bourbon (pt) Traducir, Francisco de Asís Luis de Borbón (en) Traducir, Infante Eduardo Felipe of Spain (en) Traducir, Infante Fernando Maria of Spain (en) Traducir e Infanta María Teresa of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourbon-73 Find a Grave: 8857577 Editar o valor em Wikidata

Francisco de Asís María Fernando de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Aranjuez o 13 de maio de 1822 e finado en Épinay-sur-Seine (Francia) o 17 de abril de 1902, foi fillo do infante de España Francisco de Paula de Borbón e de Luisa Carlota de Borbón-Dúas Sicilias, foi rei consorte de España[1] (1846-1868) e II duque de Cádiz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Matrimonio con Isabel[editar | editar a fonte]

Segundo criterios políticos e dinásticos, Francisco de Asís foi obrigado a contraer matrimonio coa súa prima irmá a raíña Isabel II. Eran primos carnais porque os seus pais, o infante Francisco de Paula de Borbón e o rei Fernando VII, eran irmáns. A elección de Francisco de Asís como esposo de Isabel II produciuse tras desfecharse outras candidaturas; o esposo da raíña debía ostentar rango aristocrático pero non opcións de herdar outro trono europeo. Tamén a raíña se opoñía a tal enlace, pois malia a súa mocidade xa era consciente da homosexualidade do seu primo. En calquera caso, de crer a Jesús Pabón na súa biografía de Narváez, o rei consorte era pai de varios fillos ilexítimos e tiña varias amantes coñecidas.

O matrimonio celebrouse o 10 de outubro de 1846 no Salón do Trono do Palacio Real de Madrid, conxuntamente co matrimonio da infanta Luísa Fernanda (irmá de Isabel) con Antonio de Orleáns -duque de Montpensier-. O mesmo día recibiu a dignidade de rei e o tratamento de Maxestade, ademais do grado de capitán xeneral dos exércitos.

Reinado[editar | editar a fonte]

O goberno de Isabel II e Francisco de Asís de Borbón, produciu algunha que outra desconveniencia ás que se sumaron as constantes intrigas palacianas, plans, confabulacións, complots e toda unha serie de artimañas coa única finalidade de separar aos Reis. Son coñecidas as coplas a costa da suposta homosexualidade do rei -ao que alcumaban "Paquita"- algunhas das cales se conservaron publicadas en libelos e gacetas da época:

Gran problema es en la Corte
averiguar si el Consorte
cuando acude al escusado
mea de pie o mea sentado.[2]

A alusión a que o rei ouriñaba sentado se fundamenta en datos reais, pois Francisco de Asís sufría hipospadia, unha malformación de uretra: non tiña o orificio de saída na glande, senón no tronco do pene, e iso impedíalle ouriñar de pé.[3]

O reinado de Isabel e Francisco desenvolveuse no medio dun turbulento clima político, que culminou finalmente na Revolución de 1868 (A Gloriosa), que expulsou de España a dinastía borbónica. Non foi allea a ese clima a vida privada dos reis. Aínda que os autores contemporáneos entenden a vida persoal da raíña no contexto dun matrimonio desgraciado e a presión da vida palaciana, os políticos da oposición aproveitaron esta circunstancia para empregala como arma. Constrúese así o mito sobre a Raíña ninfómana que ridiculiza á soberana e a distancia máis aínda do seu pobo.[4]

O fanatismo relixioso da raíña, baixo a influencia da súa titora espiritual, sor Patrocinio, así como os problemas políticos, contribuíron dunha ou outra forma ao desprestixio e descrédito popular do reinado de Isabel II.

Tendo que enfrontar a revolución de 1854, os reis conseguiron salvar o seu trono ao chamar novamente ao goberno a Baldomero Espartero. Pero en 1856, Francisco e Isabel II, que se sentían moi seguros no trono, apoiaron a Leopoldo O'Donnell.

É pouco coñecida a faceta de mecenas do Rei consorte, malia que foi moi destacada. Mandou restaurar e embelecer numerosos monumentos da capital madrileña, entre eles as igrexas das Calatravas e San Jerónimo el Real, que se atopaban en franca ruína nese momento e foron rehabilitadas grazas ao interese que puxo niso Francisco de Asís.

Exilio e Restauración borbónica[editar | editar a fonte]

O 7 de xullo de 1868 comeza a Revolución Española, dirixida por Juan Prim e por Antonio de Orleáns, duque de Montpensier, coa única finalidade de derrocar a Isabel II, malia que os reis eran parentes sanguíneos do duque. A familia real parte ao exilio instalándose en París. En 1870 Isabel II abdicou en favor do seu fillo Afonso XII.

Trala morte en duelo, por man do seu curmán o duque de Montpensier, do seu irmán máis novo don Enrique, adoptou aos seus sobriños, os catro fillos deste.

Restaurada a monarquía, Francisco de Asís de Borbón mantivo a súa residencia en Francia, onde faleceu o 17 de abril de 1902, sendo o seu corpo trasladado ao Panteón dos Reis do Mosteiro do Escorial.

O rei Francisco de Asís ten dedicada unha rúa en Madrid, con ese mesmo nome, no barrio de Argüelles.

Descendentes[editar | editar a fonte]

Do matrimonio coa súa curmá Isabel II naceron doce fillos, pero só cinco deles superaron a nenez. Os seus fillos foron:

Pode que a consanguinidade dos pais e avós influíse nas mortes prematuras de varios dos infantes, aínda que a paternidade destes fillos sexa discutida, e hoxe en día non se saiba de certo quen era o pai biolóxico de cada un deles.

Distincións[editar | editar a fonte]

Antepasados[editar | editar a fonte]