Florentino del Río López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 (121/122 anos) Vitoria |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | telegrafista , político |
Florentino del Río López de Ipiña, nado en Vitoria cara a 1902, foi un telegrafista e político vasco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Telegrafista, foi oficial suplente no Centro provincial da Coruña,[1] e despois foi telegrafista de Muros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou cos republicanos que lograron fuxir do porto de Muros. Detido, foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela o 20 de marzo de 1937.[2] Defendido por Gonzalo Romero Osende, foi condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Frades con Julia Negreira Agrafojo en 1933,[4] e foi pai de Julia, Emilia, Isabel, Carmen Blanca, Rosario e Julián Antonio del Río Negreira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Ideal Gallego, 14-8-1931, p. 6.
- ↑ El Eco de Santiago, 20-3-1937, p. 2.
- ↑ BOE, 20-10-1941, p. 3823-3826.
- ↑ La Voz de Galicia, 11-11-1933, p. 9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Florentino del Río López na páxina web Nomes e Voces.