Fe Rodríguez Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFe Rodríguez Rocha
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Barreiros, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lourenzá Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fe Rodríguez Rocha, nada en Barreiros en 1946, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 17 anos obtivo o título de profesora de corte e confección. Despois fixo o bacharelato nun instituto da Coruña. En 1970 fixou a súa residencia en Lourenzá onde foi presidenta da xunta local de Alianza Popular. Nas municipais de 1983 foi elixida concelleira e nomeada primeira tenenta de alcalde. Cando o alcalde José María López Noceda foi elixido parlamentario, Fe foi elixida alcaldesa. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu obter maioría absoluta. Foi deputada provincial dende 1999 desempeñando a área de servizos sociais e dende 2003 percibiu dedicación exclusiva.[1] En 2011 abandonou a política activa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (2003-09-27). "La popular Fe Rodríguez Rocha cobrará por su dedicación exclusiva en la Diputación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-28. 
  2. Redacción (2011-04-09). "Fe Rodríguez deja la política tras 28 años y va de forma testimonial en la lista del PP". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José María López Noceda
 
Alcaldesa de Lourenzá
 
1989 - 1999
Sucesor:
Vidal Martínez-Sierra López