Faro-Miño (Chantada)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Faro-Miño.
Faro-Miño | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Faro-Miño foi un semanario editado en Chantada en 1908.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario de Chantada, apareceu o 22 de agosto de 1908.[1] Fundado por José Costa Figueiras,[2] que era o redactor-xefe. Aliñado co bando liberal, a carta programa do periódico estaba asinada por José Costa, Manuel Vázquez Gil (alcalde de Carballedo), Pejerto de Soto (concelleiro de Chantada), Alejandro Baanante (farmacéutico) e Manuel Rodríguez Guerra.[3] Cesou a súa publicación a finais de 1908.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Faro-Miño". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.