Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Football Club des Girondins de Bordeaux , máis coñecido como Girondins de Bordeos , é un club de fútbol francés , da cidade de Bordeos , en Aquitania . Foi fundado en 1881 e xoga na Ligue 1 francesa.
Uniforme titular : Camiseta azul mariño con escapulario branco, pantalón azul mariño e medias azul mariño.
Uniforme alternativo : Camiseta branca con escapulario vermello Bordeos, pantalón branco e medias brancas.
Terceiro Uniforme : Camiseta vermella Bordeos e branca a raias verticais, pantalón vermello Bordeos e medias vermello Bordeos.
Sponsors: Kia Motors , Cdiscount , Pichet Immo
O Girondins xoga os seus partidos como local no Stade Matmut Atlantique , inaugurado o 23 de maio de 2015 . Ten capacidade para 42.115 espectadores.
Ata entón xogaba os seus partidos no Stade Chaban-Delmas , inaugurado o 30 de marzo de 1924 baixo o nome de Parc Lescure.
Tempadas na Ligue 1 : 56
Tempadas na Ligue 2 : 8
Mellor posto na liga : 1º (6 veces: 1950, 1984, 1985, 1987, 1999 e 2009
Peor posto na liga : 20º (tempada 1959-60)
Maior goleada conseguida : Girondins 10-0 Stade Français (tempada 65-66)
Maior goleada encaixada : AS Mónaco 9 - 0 Girondins (tempada 1985/86)
Máximo goleador : Alain Giresse .: 158
Máis partidos disputados : Alain Giresse .: 519
Número de vitorias consecutivas : 14 (marca nacional)
Imbatibilidade do porteiro : Gaëtan Huard 1176 minutos (tempada 92/93) (marca nacional)
Ligue 1 (6) : 1950, 1984, 1985, 1987, 1999, 2009
Subcampión da Ligue 1 (9): 1952, 1965, 1966, 1969, 1983, 1988, 1990, 2006, 2008
Copa de Francia (3) : 1941, 1986, 1987
Copa da Liga (3) : 2002, 2007, 2009
Supercopa de Francia (3) : 1986, 2008, 2009
Ligue 2 (1) : 1992