Eugenio Alau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEugenio Alau
Biografía
Nacemento1816 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 1886 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Eugenio Alau Comas, nado en Oviedo en 1816 e finado en Valladolid o 4 de abril de 1886, foi un médico e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina na Escola de Barcelona (1837), doutorouse o 2 de outubro dese ano. Traballou no Hospital Militar de Barcelona. Foi reitor da Universidade de Valladolid (1862 e 1871). Pertenceu ao Partido Progresista, despois afiliouse ao Partido Constitucional e despois ingresou no Partido Liberal. No Sexenio Democrático foi nomeado gobernador civil de Pontevedra e o 23 de marzo de 1869 presidente da Deputación de Pontevedra. En marzo de 1870 foi nomeado gobernador civil de Sevilla, en xaneiro de 1871 de Córdoba e en novembro dese mesmo ano de Granada. En 1872 foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Pobra de Trives. Na Restauración foi elixido senador pola provincia de Ourense (1881) e pola Universidade de Valladolid (1884).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Vicente Lobit Rodríguez
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1869
Sucesor:
Baltasar Genme Fuentes