Eparquía ortodoxa rusa de Aleksandrov
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Relixión | Igrexa ortodoxa rusa | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 7.720 km² | ||
Creación | 16 de xullo de 2013 | ||
Páxina web | al-eparhiya.ru | ||
A eparquía de Aleksandrov é unha sé da Igrexa Ortodoxa Rusa, parte da metrópole de Vladimir.
Territorio[editar | editar a fonte]
A eparquía ten xurisdición sobre os raions de Aleksandrov, Kirzhach, Kolchugino, Petushki e Iurev-Polskii, no óblast de Vladimir, en Rusia. A sé eparquial está na cidade de Aleksandrov.
Historia[editar | editar a fonte]
O 16 de xullo de 2013 o Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa decidiu a división da eparquía de Vladimir, creando a eparquía de Aleksandrov como circunscrición independente da anterior.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Evstafii Evdokimov (30 de maio de 2014 - actualidade)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |