Elisabeth Hauptmann
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1897 Peckelsheim, Alemaña |
Morte | 20 de abril de 1973 (75 anos) Berlín Leste, República Democrática Alemá |
Lugar de sepultura | cemiterio de Dorotheenstadt |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña República Democrática Alemá |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , escritora |
Lingua | Lingua alemá |
Premios | |
|
Elisabeth Hauptmann, nada en Peckelsheim o 20 de xuño de 1897 e finada en Berlín Oriental o 20 de abril de 1973, foi unha escritora alemá que traballou con Bertolt Brecht.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Elisabeth coñeceu a Brecht en 1922, ao pouco de chegar a Berlín, e comezou a colaborar con el en 1924, realizou un traballo fundamental para A ópera dos tres reás (1928) traducindo The Beggar's Opera e colaborando decisivamente no texto definitivo da obra de Brecht[1] [2]. Tamén foi a autora principal do texto da comedia musical Happy End (1929) co pseudónimo de Dorothy Lane. Viviu no exilio nos Estados Unidos entre 1934 e 1949. Alí casou con Paul Dessau en 1943. Logo da morte de Brecht en 1956, colaborou coa Suhrkamp Verlag para a publicación das súas obras e traballou como dramaturga para a Berliner Ensemble. En 1977 publicou unha colección das súas propias obras co título de Julia ohne Romeo (Xulia sen Romeo).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Hinton, Stephen Matters of intellectual property': the sources and genesis of Die Dreigroschenoper en Hinton, Stephen (1990) Kurt Weill: The Threepenny Opera Cambridge: Cambridge University Press
- ↑ Fuegi, John (1994) Brecht & Co.: Sex, Politics and the Making of the Modern Drama Nova York:Grove Press