El Vivariense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Vivariense
LocalidadeViveiro
Na rede
Galiciana: 584226
editar datos en Wikidata ]

El Vivariense foi un semanario editado en Viveiro entre 1890 e 1915.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 8 de xuño de 1890, dirixido por Jesús Franco Fernández. Nesta primeira etapa os seus colaboradores foron Amando Fanego, Manuel Cerdido, José Pérez Vigo, Eusebio Lorenzo, Juan Antonio García Meitín e Antón Lorenzo Villar. Foi rival de El Eco de Vivero. Cesou a súa publicación o 23 de xaneiro de 1898.

Subtitulado Periódico semanal, reapareceu o 17 de abril de 1906, dirixido primeiro por Ramón Díaz Freijo e a partir de 1914 por José Santiago Seijo.[1] José Pla Zubiri foi o redactor xefe,[2] e entre os seus colaboradores estaban Juan Pla Zubiri, Juan Antonio García Meitín, Alfredo García Dóriga e Antón Vilar Ponte. O último número conservado ten data do 18 de abril de 1915.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La política en Vivero" en El Noroeste, 14-11-1914, p. 1 e 20-11-1914, p. 1
  2. Nova Galicia, 20-8-1911, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]