El Regionalista (Chantada)
El Regionalista | |
---|---|
Localidade | Chantada |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Regionalista foi un periódico editado en Chantada entre 1920 e 1924.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario de Chantada, Revista quincenal chantadina (a partir do número 36) e Revista mensual chantadina, variacións segundo a súa periodicidade, estaba dirixido por José Costa Figueiras e contiña novas políticas, actualidade e temas de interese local e galego. Ocupábase tamén da emigración, a literatura galega e a exaltación dos galegos ilustres, especialmente dos políticos máis preocupados por Galicia como Basilio Álvarez, Gerardo Doval, Leonardo Rodríguez ou Pere Garcia Fària. Entre os seus colaboradores figuraban Ramón Fernández Mato, Antonio Vázquez Campo, José María Cibeira e Xavier Bóveda. Cesou a súa publicación o 1 de xaneiro de 1924, co número 43.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Regionalista, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Rodríguez Porto, Ramón; Sánchez Moure, Ánxel (1988). Chantada na súa prensa (1908-1931). Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-86824-51-6.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.