El Diario de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Diario de Lugo
Periódico político y de intereses generales

Portada do primeiro número.
Formato de páxinadobre columna
Nº de páxinas4
Fundación1872
Remata4 de outubro de 1884
DirectorAntonio Villamarín
FundadorAntonio Villamarín
ColaboradoresManuel Curros Enríquez, Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán e Aureliano Pereira.
Tendencialiberal, anticlerical
Linguacastelán
LocalidadeLugo
Periodicidadediario
SucesorEl Regional
Na rede
BVPH: 4367
editar datos en Wikidata ]

El Diario de Lugo foi un xornal que se publicou en Lugo entre 1876 e 1884. Foi continuado por El Regional.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico político y de intereses generales, apareceu en 1872 para desaparecer aos poucos números. Volveu aparecer xa definitivamente o 1 de outubro de 1876.[1] Fundado e dirixido polo impresor Antonio Villamarín. Publicábase tódolos días, agás os seguintes a días festivos[1] e os domingos saía co suplemento literario "El Domingo del Diario", que o 21 de setembro de 1879 pasou a denominarse "Hoja Literaria", e no que colaboraron Manuel Curros Enríquez, Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán ou Aureliano Pereira, quen foi un dos principais animadores do diario.[2]

O custe da subscrición era de 4 reás ao mes ou 12 ao trimestre, e contaba con 4 páxinas.[2] A finais de 1879, cambia o seu formato pasando do tamaño folio a un tamaño superior semellante ao dos outros xornais do momento e elimina o artigo da cabeceira, quedando como "Diario de Lugo"[3]

Problemas[editar | editar a fonte]

Entre os principais temas do xornal aparece, sobre todo, aparte dos propiamente locais, o estado das vías de comunicacións da provincia, que provocou algunhas das queixas máis recorrentes.[4] Tamén atendía a cuestións de política interanacional como a "cuestión de Oriente" ou a sublevación de Cuba.[5]

Polo seu carácter liberal e anticlerical tivo que pechar, logo dunha confrontación coa diocese, o 4 de outubro de 1884, sendo o número 2.397, o derradeiro[1]. O problema

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Teijeira & Torre (1997), p. 61
  2. 2,0 2,1 Teijeira & Torre (1997), p. 62
  3. Teijeira & Torre (1997), p. 67
  4. Teijeira & Torre (1997), p. 64
  5. Teijeira & Torre (1997), p. 65

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]