Elías Santomé Santamarina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Riotorto, España |
Morte | 1940 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Saturnino Santomé Santamarina |
Elías Santomé Santamarina, nado en Meilán (Riotorto) e finado en 1940, foi un agrarista, agrimensor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Vicepresidente da Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto. Foi fundador e director do periódico El Agricultor. Foi elixido concelleiro de Riotorto en 1909. Formou parte da xunta directiva da Federación Agropecuaria del Norte Galaico. Foi Xuíz municipal de Riotorto (1916-1919). Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Riotorto[1].
Casou con Rosalía Rico Castro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-6-1928, p. 13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández Salgado, Benigno (2007). Sociedade Anónima Xestión do Plan Xacobeo, ed. “El Agricultor: agrarismo solidario e rexionalismo lingüístico” en El Agricultor. Edición Facsimilar. Santiago de Compostela. pp. 7–166.