Dismaland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°20′27″N 2°58′58″O / 51.3409, -2.9828

Dismaland.

Dismaland foi un proxecto artístico temporal organizado polo artista da rúa Banksy, construído na vila resort de Weston-super-Mare en Somerset, Inglaterra.[1] Preparado en segredo, a exhibición temporal do "Tropicana", unha piscina pública sen uso, foi unha "versión sinistra de Disneyland" que abriu durante a fin de semana do 21 de agosto de 2015[2] e pechou permanentemente o 27 de setembro de 2015, 36 días despois. Banksy describiuno como un "parque temático non apto para nenos."[3]

Na construción do parque participaron até 58 artistas de 27 países diferentes convidados persoalmente polo autor.[4] Pódense atopar obras inéditas de artistas como Damien Hirst, Jenny Holzer, Mike Ross, Ben Long, Dietrich Wegner e Jimmy Cauty. O nome elixido para o parque xoga coa verba inglesa Dismal que quere dicir deprimente; e pretende ser unha sátira irónica de Disneyland, cousa que pon de manifesto no seu logo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morris, Steven (18 de agosto de 2015). The Guardian, ed. "Banksy fans flock to Weston-super-Mare after Dismaland show rumours". Consultado o 18 de agosto de 2015. 
  2. Bristol Post, ed. (17 de agosto de 2015). "Is Banksy about to open a new exhibition in Weston-super-Mare?". Consultado o 18 de agosto de 2015. 
  3. BBC News (ed.). "Banksy Dismaland show revealed at Weston's Tropicana – BBC News". Consultado o 20 de agosto de 2015. 
  4. Lourdes Gómez, ed. (21 de agosto de 2015). "Dismaland, el parque menos divertido del mundo". El Confidencial (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]