David Añón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Añón
Información persoal
Nome David Añón González
Nacemento 3 de abril de 1989
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,72 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Coruxo
Número 11
Carreira xuvenil
2007–2008 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2011 Deportivo B 33 (9)
2008–2009Montañeros (cedido)
2010–2011 Deportivo da Coruña 4 (0)
2011–2012 Albacete 28 (1)
2012–2014 Celta B 70 (14)
2014–2015 Boiro 33 (9)
2015–2016 Somozas 36 (10)
2016–2018 Pontevedra 70 (15)
2018–2019 Katowice 24 (2)
2019–2020 Coruxo 27 (5)
2020–2022 Talavera 37 (5)
2022– Coruxo 44 (6)
Na rede
BNE: XX922911
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

David Añón González, nado na Coruña o 3 de abril de 1989, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Coruxo, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, xogando cedido tamén no Montañeros CF. Na tempada 2009/10 xogou co Fabril en Terceira, conseguindo o ascenso, e comezou a recibir as súas primeiras convocatorias co primeiro equipo.

O 20 de xaneiro de 2010 debutou co primeiro equipo da man de Miguel Ángel Lotina, nun partido da Copa do Rei contra o Sevilla en Riazor, que acabou en derrota por 0-3. Un mes despois debutou en Primeira División, nun partido contra o Villarreal CF. Na tempada 2010/11 xogou co filial en Segunda B, marcando 9 goles pero o equipo de Tito Ramallo perdeu a categoría ao remate da tempada.

O 14 de xullo de 2011 fichou polo Albacete, tamén de Segunda B, no que permaneceu un ano, fichando no verán de 2012 polo filial do Celta de Vigo, o Celta B, da Terceira División. Co equipo vigués logrou o ascenso a Segunda B, categoría na que militou durante a tempada 2013/14, antes de fichar polo Boiro.[1] Tras unha tempada en Boiro, onde marcou 9 goles, pasou ao Somozas, de Segunda B, onde marcou 10 tantos, acabando no oitavo posto do grupo I.

En 2016 fichou polo Pontevedra CF,[2] onde coincidiu con outros dianteiros como Ferrer, Marcos ou Mario Barco, co que xa xogara no Somozas. Militou dúas tempadas no equipo de Luisito no grupo I da Segunda B, e no 2018 decidiu saír ao estranxeiro.[3] Fichou entón polo Katowice, da I liga, a segunda división de Polonia.

Regresou a Galicia en 2019, fichando polo Coruxo, da Segunda B.[4] Militou un ano no club dirixido por Míchel Alonso, e os dous seguintes no Talavera de la Reina, o último deles na nova Primeira División RFEF.[5] No verán de 2022 regresou ao Coruxo, da Segunda RFEF.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Boiro ficha al excentrocampista del Fabril y Celta B David Añón". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  2. García de Burgos, Carmen (10 de xuño de 2016). "El Pontevedra ficha al delantero coruñés David Añón, del Somozas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  3. Amil, Nieves D. (29 de maio de 2018). "David Añón: «A miña intención é marchar para o extranxeiro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  4. Rodríguez, Raúl (20 de xullo de 2019). "David Añón refuerza la banda del Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  5. "El Coruxo sufre la pérdida de David Añón, que ficha por el Talavera" (en castelán). 3 de agoosto de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  6. Refojos, Borja (31 de xullo de 2022). "El Coruxo cierra la vuelta de David Añón". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]