Dasometría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dasometría é a parte da dasonomía (ciencia dos bosques) que se ocupa da aplicación de métodos estatísticos para a procura de solucións a problemas asociados coa existencia, crecemento e manexo de bosques.

Esta ciencia divídese en catro partes:

  1. A dendrometría. Trata da medida das dimensións da árbore, do estudo da súa forma e da determinación do seu volume.
  2. A estereometría da masa, que trata das estimacións métricas e o cálculo do volume da masa forestal, entendida esta como conxunto de árbores que conviven nun espazo común.
  3. A epidometría, que trata as técnicas de medición e as leis que regulan o crecemento e produción das árbores e masas forestais.
  4. O inventario forestal, que ocúpase de describir a situación actual do bosque, como punto de partida para a planificación e a toma de decisións.

Nalgúns países como en España, considérase a disciplina que se ocupa das medicións forestais, diferenciándoa do inventario forestal, que se entende como materia diferente. Noutros países, o habitual é considerar, tanto a dasometría como o Inventario Forestal como unha única materia de estudo, chamándoa tamén "biometría forestal".

Así os franceses e italianos utilizan o vocábulo “dendrometrie” e “dendrometria” respectivamente para facer referencia á disciplina que engloba ambas as materias. Os anglosaxóns “Forest Mensuration” e os alemáns “Holzmesskunde”, utilizan a denominación de “Medicións forestais” para denominar estas disciplinas nos seus respectivos idiomas, do mesmo xeito que os países de fala portuguesa, que a denominan "Mensura Forestal".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]