Damien Chazelle
![]() (2014) ![]() | |
Nome orixinal | (en) Damien Chazelle (fr) Damien Chazelle ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de xaneiro de 1985 ![]() Providence, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Francia ![]() |
Educación | Universidade Harvard Princeton High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme ![]() |
Ocupación | director de cinema , produtor de cinema , director de fotografía , guionista , realizador ![]() |
Período de actividade | 2009 ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa e lingua francesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Olivia Hamilton (2018–) Jasmine McGlade (2010–2014), divorcio |
Pais | Bernard Chazelle ![]() ![]() |
Irmáns | Anna Chazelle ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/Damien_Chazelle_%2812186690006%29.jpg/220px-Damien_Chazelle_%2812186690006%29.jpg)
Damien Chazelle, nado en Providence (Rhode Island) o 19 de xaneiro de 1985 é director de cinema e guionista estadounidense.
Recibiu boas críticas por Whiplash (2014), o seu segundo filme como director, baseado na súa curtametraxe homónima de 2013. O filme foi exhibido no Festival de Cinema de Sundance, onde gañou o gran premio do xurado e o premio do público. Recibiu cinco candidaturas na 87ª edición dos Oscar, entre elas a de mellor guión adaptado para Chazelle, e gañou tres premios.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Providence (Rhode Island), é fillo do informático Bernard Chazelle e da escritora Celia Martin.
Debutou como director e guionista con Guy and Madeline on a Park Bench, un filme dedicado ao jazz estreado en 2009. Máis tarde, participou nos guións de The Last Exorcism Part II (2013) e Grand Piano (2013). Co seu segundo filme como director, Whiplash (2014), obtivo o Gran Premio do xurado no Festival de Cinema de Sundance e varias candidaturas na 87ª edición dos Oscar.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Director[editar | editar a fonte]
- Guy and Madeline on a Park Bench (2009)
- Whiplash (2013) - curtametraxe
- Whiplash (2014)
- La La Land (2016)
Guionista[editar | editar a fonte]
- Guy and Madeline on a Park Bench (2009)
- Grand Piano (2013)
- The Last Exorcism Part II (2013)
- Whiplash (2013) - curtametraxe
- Whiplash (2014)
- 10 Cloverfield Lane, dirixido por Dan Trachtenberg (2016)
- La La Land (2016)