Corpo de Infantería de Mariña (Chile)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema do Corpo de Infantería de Mariña.
Infantes de mariña da Demarcación de Lynch nunha demostración da súa artillaría

O Corpo de Infantería de Mariña (Cuerpo de Infantería de Marina en español; CIM) de Chile (informalmente alcuñados como os cosacos) é unha forza de combate dependente da Armada de Chile, formada por arredor de 4.200 efectivos, e especializada en funcións de asalto anfibio, forzas especiais e defensa da costa, así como tamén funcións de orde e seguridade nas zonas navais.

Historia[editar | editar a fonte]

A infantaría de Mariña ten a súa orixe no decreto asinado por Bernardo O'Higgins o 16 de xuño de 1818[1]. En orixe as súas funcións eran disparen os rifles desde a cofa, a abordaxe a machete, o desembarco con baioneta e a utilización dos canóns[2]. O corpo tivo diversos nomes ao longo do século XIX, Batallón de Mariña nos seus primeiros anos, Brigada de Infantería de Mariña e Batallón de Artillería de Mariña en 1866. Durante a Guerra do Pacífico elevouse a categoría de Rexemento por decreto do 3 de abril de 1879[3]. Na década de 1940 pasou a denominarse Corpo de Defensa de Costa e desde 1964 leva a actual denominación.[4]

Unidades[editar | editar a fonte]

Destacamentos principais[editar | editar a fonte]

O CIM organízase en catro destacamentos principais, os cales levan nomes de oficiais relacionados coa infantaría e que salientaron nas guerras decimonónicas. Os destacamentos localízanse nas catro principais bases navais que son cabeza de zona naval.

  • Destacamento de Infantería de Mariña Nº. 1 "Lynch", encóntrase no Forte Condell, Punta Gruesa (IV Zona Naval, Iquique): A súa función principal é prover artillaría e defensa da costa, conta con baterías de obuses e o sistema de mísiles Excalibur. Depende directamente da súa respectiva Zona Naval, debido á súa localización próxima á fronteira.
  • Destacamento de Infantería de Mariña Nº. 2 "Miller", encóntrase no Forte Aguayo, sector Torquemada, Concón (I Zona Naval Valparaíso): É un Batallón Reforzado de Infantería de Mariña e o principal destacamento do CIM. Serve como unidade de asalto anfibio e proxección de forzas, xa que logo é a que conta con máis mobilidade, adestrando todo ao longo da costa chilena.
  • Destacamento de Infantería de Mariña Nº. 3 "Aldea", encóntrase na antiga escola de artesáns navais, hoxe Forte O'Higgins, na Península Tumbes (II Zona Naval Talcahuano): Do destacamento depende o Centro de Adestramento Básico de Infantería de Mariña (CENBIM), no que fan instrución cadetes, chos e recrutas.
  • Destacamento de Infantería de Mariña Nº. 4 "Cochrane", Río de los Ciervos (III Zona Naval Punta Arenas): De características semellantes a DIM Nº 1 pola súa localización na fronteira. Especialízase na defensa da costa, operacións anfibias e vixilancia das augas interiores.

Outras unidades[editar | editar a fonte]

Cada zona naval conta con cadanseu Destacamento de Orde e Seguranza adscrito á infantaría e que actúa como policía militar. O CIM tamén é o responsable da seguranza do Comandante en Xefe da Armada e contribúe cunha sección á seguranza das instalacións do Ministerio de Defensa. A Comadancia Xeneral do Cuerpo localízase na cidade de Concón. No Fonte Vergara localízase a Escola de Infantería de Mariña "Comandante Jaime Charles", onde se imparte formación especializada a oficiais e a xentes do mar e non depende organicamente do CIM, senón do comando de educación da Armada. Existen pequenas unidades en zonas estratéxicas, como a Illa de Pascua ou Puerto Williams.

Ata o ano 2006 existía a Agrupación de Comandos Infantes de Marina Nº 51, unha unidade de operacións especiais pero nese ano agrupouse co Comando de Mergulladores Tácticos dando nacemento á Forza Especial da Armada de Chile. Todas as bandas da Armada de Chile pertencen ao Cuerpo de Infantería de Marina, son a "Banda de Músicos da Escola Naval Arturo Prat" ,"Banda de Músicos da Escola de Grumetes Alejandro Navarette Cisterna", Banda de Músicos da Academia Politécnica Naval, Banda de Músicos da 1ZN,2ZN,3ZN,4ZN,5ZN, Banda de Músicos do Buque Escola Esmeralda.Rexidos so a dirección de Bandas da Armada, situado na Comandancia Xeral do Corpo de Infantería de Mariña

Operacións de paz[editar | editar a fonte]

As tropas do CIM, cualificadas como forzas de elite, participan en misións internacionais para o mantemento da paz so o mandato das Nacións Unidas. O meirande continxente de infantes de mariña destinado a estas funcións, unha compañía, participa desde o 2004 do MINUSTAH en Haití.

Equipamento[editar | editar a fonte]

Buques de Transporte Anfibio[editar | editar a fonte]

Sargento Aldea (LSDH-91)
Aquiles (AP-41)
Buque Matrícula Orixe Tipo Clase En servizo Nota
Sargento Aldea LSDH-91 Francia - Clase Froude 1 -
Aquiles AP-41 Chile - - 1 -
Rancagua LST-92 Chile - Clase Batral 1 -
Chacabuco LST-95 Chile - Clase Batral 1 -
Elicura LSM-90 Chile - Clase Elicura 1 -
Orompello LSM-94 Estados Unidos de América Estados Unidos - Clase Elicura 1 -

Artillaría e Sistema de Defensa Antiaéreo[editar | editar a fonte]

Nome Tipo En servizo orixe Nota
Soltam M-71 Obús tractado 29 Israel
KH-178 Obús tractado 16 Corea do Sur
Batería Excalibur Exocet MM-38 Batería de mísil antibuque 4 Francia
M252 Morteiro Estados Unidos de América Estados Unidos
Blowpipe Sistema de defensa aérea portátil Reino Unido Reino Unido
Bofors 40 mm Artillaría antiaérea Suecia Suecia
Oerlikon 20 mm Artillaría antiaérea Suíza Suíza
Rancagua (LST-92)

En negociación[editar | editar a fonte]

Nome Tipo En servizo orixe Nota
AAV-7A1 Vehículo anfibio - Estados Unidos de América Estados Unidos 12 Unidades.[5]
Stryker Vehículo de combate de infantaría - Estados Unidos de América Estados Unidos 10 Unidades. Versión M1128 cun canón de 105 mm.[6]
Stryker Transporte blindado de persoal - Estados Unidos de América Estados Unidos 30 Unidades. Versión M1126 de transporte.
Bandvagn 206
PVP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CONTINUIDAD HISTORICA Y ORGANICA DE LAINFANTERIA DE MARINA EN LA ARMADA DE CHILE" (PDF). Revista de Marina. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  2. "Catálogo del Museo Naval y Marítimo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de maio de 2012. 
  3. David Hardy Videla El Cuerpo de Infantería de Marina durante las campañas de Antofagasta e Tarapacá de 1879. Revista de Marina (1998)
  4. "SÍNTESIS HISTÓRICA DE LA INFANTERÍA DE MARINA DE LA ARMADA DE CHILE" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  5. http://www.infodefensa.com/?noticia=la-armada-de-chile-negocia-la-adquisicion-de-12-vehiculos-anfibios-aav-7
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de maio de 2012. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]